Viveiro, 30 de xullo de 2020. O mal estado das estradas xera risco para os usuarios e incide negativamente na actividade económica, ademais de danar a imaxe da institución da que dependen e provocar múltiples incomodidades aos veciños. Un destes casos é o da pista municipal de Pardiñás, en Covas-Viveiro. O grupo popular esixe ao goberno local, presidido pola socialista María Loureiro, que deixe de discriminar aos veciños que precisan usar a citada pista para chegar ás súas casas e ás súas fincas e adopte as medidas necesarias para executar as xa inaprazables obras de mellora desta estrada.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez presentará un rogo no próximo pleno para reclamar “a reparación da estrada local que é o principal acceso ao lugar de Pardiñás, en Cova”, que se atopa en moi malas condicións, polo que crea inseguridade; en varios tramos está intransitable”. Os populares demandan tamén o desbroce das beiras da estrada, así como a adecuada sinalización horizontal e vertical da vía.
O grupo municipal popular recorda que, “con carácter xeral, as actuacións ordinarias de conservación e mantemento das pistas e estradas do municipio deberán ser executadas polas entidades locais, en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo nº 1962/2017 que interpreta o artigo 28.4 da Lei 10/2201, de 5 de xullo, entre outras, no sentido de declarar que corresponde aos Concellos a realización de actuacións de mantemento e limpeza dos viais públicos”. Igualmente indican que as estradas, que forman parte do dominio público, “constitúen un servizo de vital importancia para asegurar a libre circulación dos cidadáns; a Administración titular da vía é responsable da súa construción cando se determine a súa necesidade, así como do seu posterior mantemento e conservación”. Lembran que “a competencia municipal en materia de vías públicas alcanza tanto ás urbanas como ás rurais e as entidades locais están obrigadas a mantelas en bo estado de conservación”. O grupo popular considera que queda claro, polo tanto, que o goberno municipal de Viveiro incumpre as obrigas propias do Concello no caso da pista de Pardiñás, e esixe que se adopten de inmediato as medidas precisas para reparala.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



