Lugo, 28 de xullo, 2020. O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, á saída da nova xuntanza coa dirección da empresa deste martes en Lugo foi claro. Alcoa non ve factible o proxecto industrial do suposto inversor e toda negociación tería que vir despois de parar as cubas. Para Zan, parar primeiro e aplicar o ERE non ten sentido se o de que se trata é de negociar. O comité agarda que as reunións do goberno coa Xunta cos datos do plan iversor se dean canto antes xa que da súa consistencia pode depender a aplicación ou non do ERE. O comité seguerá coa loita pois nada do anunciado polo goberno está documentado a falta dunha semana para que finalice o prazo da prórroga aceptada pola empresa.
