Lugo, 4 de agosto 2020. A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla denuncia “coaccións intolerables” da empresa Inleit aos produtores galegos aos que recolle o leite para rachar o contrato asinado no mes de marzo e cambialo por un novo con peores condicións de prezos e prazos.
Segundo explica o presidente de Agromuralla, Roberto López, a empresa asentada en Teixeiro, está a presionar aos gandeiros aos que recolle o leite en Galicia, uns 200, para que acepten cambiar o contrato que teñen asinado por outro con prezos á baixa de entre 2 e 3 céntimos baixo ameazas de deixar de recollerlles o leite e emprender accións legais contra eles.
Agromuralla reclama “a intermediación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura” ante a “indefensión” que están a sufrir os case 150 gandeiros que teñen contrato en vigor “para que se manteñan as condicións asinadas entre as partes”.
“A empresa leva semanas celebrando reunións individuais cos gandeiros para presionalos para que acepten rebaixar as cláusulas dos contratos que teñen asinados, algo que é totalmente ilegal, con presións e ameazas que son intolerables”, denuncia Roberto López.
A asociación Agromuralla lembra que Inleit, a empresa de nova creación asentada no polígono industrial de Teixeiro, de capital español e americano (Liasa e Rich’s Corporation), “contou co respaldo da Xunta de Galicia e recibiu unha importante inxección de fondos públicos para a posta en marcha da súa planta, polo que a Xunta de Galicia non pode agora lavarse as mans e mirar para outro lado cando os dereitos dos produtores se están vendo gravemente vulnerados”.
Problemas coas mostras
A empresa pon como excusa para empeorar as condicións aos gandeiros a crise ocasionada polo coronavirus e as dificultades para a posta en marcha da nova factoría, “dúas circunstancias que non son responsabilidade dos gandeiros”, argumenta Agromuralla, que lembra que “fai un ano, cando Inleit aterrou en Galicia, fíxoo con ofertas conducentes á captación de proveedores, cunhas condicións que agora empeora ó obrigar ós produtores a romper os contratos que estarían vixentes ata 2021 e establecendo, unilateralmente, os prezos á baixa, provocando que os produtores sufran importantes prexuízos”.
Do mesmo xeito, os gandeiros afectados temen “represalias” por parte de Inleit se se negan a modificar o contrato asinado e que está en vigor até o vindeiro ano, xa que “a toma e custodia de mostras ao leite está en mans das empresas, que son as encargadas de envialas ao Ligal, de xeito que os produtores están indefensos en casos de analíticas sospeitosas”, explica Roberto López.
Cambios nos protocolos do Ligal
De feito, algúns produtores están tendo problemas cos resultados do punto crioscópico do leite, un aspecto intimamente vinculado á conservación das mostras e que xunto á bacterioloxía penaliza moito no prezo final ao gandeiro, polo que os gandeiros temen que este tipo de prácticas coercitivas sexan usadas por parte da empresa para rebaixarlles igualmente o prezo en orixe en caso de negárense a asinar un novo contrato empeorado.
Por iso, desde Agromuralla reclaman “un cambio nos protocolos do Ligal” para que se garanta “a correspondencia dos resultados das analíticas coas mostras do leite tomadas nas explotacións”, sen que se deixe, como acontece neste momento, “a cadea de custodia en mans das industrias”.
Reunión con membros da OPL Agraprol
Dentro das habituais xuntanzas que a asociación Agromuralla mantén habitualmente con outras entidades do sector que defenden aos gandeiros e gandeiras, varios membros da Xunta Directiva de Agromuralla celebraron a semana pasada unha xuntanza con integrantes da Organización de Produtores de Leite AGAPROL, que reúne a case 600 gandeiros de 8 comunidades autónomas, co obxectivo de explorar vías de colaboración conxuntas para a defensa dos gandeiros e a mellora dos contratos lácteos, que malia ás últimas reformas legais introducidas, seguen beneficiando claramente a unha das partes, as industrias, en detrimento dos produtores.
No encontro, celebrado na sede de Agromuralla en Lugo, analizouse a situación xerada trala recente modificación da Lei da Cadea para a inclusión dos custos de produción nos contratos, que as empresas están a saltar trasladando esa responsabilidade aos gandeiros, así como ás revisións xeralizadas á baixa nos novos contratos por parte da maioría de industrias, algo que claramente incumpriría as normas da Competencia.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



