O Valadouro, 27 de agosto de 2020. O Grupo Municipal nacionalista vén de rexistrar dúas mocións que serán tratadas no pleno do próximo 3 de setembro.
O contido de ambas as dúas iniciativas está estreitamente vinculado coa especial situación de crise sanitaria que vivimos.
-creación por parte do concello dunha liña de axudas para a compra de ordenadores portátiles, destinada a estudantes DO CONCELLO DO VALADOURO.
Debido á situación actual provocada pola pandemia e a incerta situación respecto das clases escolares presenciais, e barallando a posibilidade de que parte do curso académico non fose presencial; proponse unha liña de axudas que cubra polo menos o 50% da compra dun ordenador portátil para a realización de tarefas escolares, destinado a estudantes veciños do concello, cun máximo de 300 euros por alumno, tendo que ser debidamente xustificada a súa compra así como o seu uso, pois trátase dunha iniciativa vinculada exclusivamente ao ámbito da formación educativa.
-dotación de rede wifi en todas as infraestruturas sociais e educativas do territorio municipal.
Nun concello rural é de vital importancia para o seu desenvolvemento que a veciñanza dispoña dunha rede WIFI ABERTA.
Atendendo deste xeito as necesidades de comunicación, sobre todo na acualidade, cando o teletraballo se está a significar como a ferramenta do futuro. Polo cal, desde o BNG demandamos DOTAR DE REDE WIFI TODAS AS ESCOLAS E CENTROS SOCIAIS EXISTENTES NO CONCELLO DO VALADOURO.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



