Viveiro, 16 de agosto, 2020. Unha vez publicada onte a Orde da Xunta coas novas medidas de prevención, o Concello de Viveiro decidiu adoptar medidas excepcionais e de prevención durante o período de vixencia das restricións e recomendacións establecidas no texto da Consellería de Sanidade:
O concello toma estas medidas en aras a garantir a seguridade da veciñanza de Viveiro e tendo en conta que nas celebracións de eventos resulta moi complexo poder gardar as medidas de seguridade, podendo producirse gran afluencia de público, e tendo en conta que os encontros sociais con elevado número de persoas supoñen un risco importante de transmisión.
As novas medidas municipais son as seguintes:
I.- Suspender a celebración de todos os eventos e celebracións, culturais, deportivas e de ocio organizadas por este Concello.
II.- Suspender a celebración de todos os eventos e celebracións, culturais, deportivas e de ocio en instalacións e espazos públicos de titularidade municipal.
III.- Tendo en conta que na Orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade se recomenda restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable e limitar os encontros sociais a un máximo de dez persoas, limítanse os grupos en espazos públicos municipais a un máximo de dez persoas.
Ante a proximidade das datas de celebración da Romaría do Naseiro, aínda que neste ano non está prevista a súa celebración, recórdase a obriga do cumprimento do disposto no presente punto.
IV.- Limitar a capacidade de cada mesa ou agrupación de mesas das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración a unha ocupación máxima de dez persoas, recordando, que en virtude do disposto na Orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade, deberán cumprir tamén este requisito no interior do local, mantendo a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, tanto na barra como nas mesas ou agrupación de mesas, debendo pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso a ningún cliente dende as 00:00 horas.
V.- Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, a tenor do disposto na Orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade, deberán permanecer pechados.
VI.- As referidas restricións e medidas de prevención serán aplicables en tanto non resulten modificadas polo órgano competente da Xunta de Galicia, podendo non obstante, ser revisadas en calquera momento, atendendo á evolución da situación epidemiolóxica.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



