A Mariña, 16 de agosto de 2020. Por Barreiros e polo Valadouro discorrerán os vindeiros roteiros de A Mariña en Ruta os días 19 e 22 de agosto.
Ecosistemas da Praia de Arealonga (Barreiros) é un roteiro interpretativo dos ecosistemas dunha praia no que se analizará a orixe xeolóxica do areal e a existencia de turbeiras e solos fósiles. Será o vindeiro mércores, 19 de agosto. Comprobarase o funcionamento das mareas no mar Cantábrico e poderase observar a fauna e a flora do ecosistema dunar. Na zona intermareal estudaranse as adaptacións de diferentes especies ante as duras condicións ás que se ven sometidas durante os ciclos de mareas, identificando os principais grupos de algas e animais.
Esta ruta será guiada por Óscar Chao, que é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas Costeiros e Mariños pola Universidade Autónoma de Barcelona. É Profesor de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria e Bacharelato. Dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación da fauna e flora locais. Polo seu traballo ou ben desinteresadamente, participa e organiza charlas e exerce como guía en roteiros de observación de fauna e interpretación de ecosistemas dende 2012.
Municipio: Barreiros.
Data: 19 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas
Duración: 2 horas
Lugar de inicio: Marxe oeste da Praia de Arealonga, Barreiros. Coordenadas: 43.557629, -7.178485.
Dificultade: Baixa.
Observacións: Dado que se analizará un intermareal, recoméndase bañador ou pantalón curto e un calzado axeitado como escarpíns, sandalias axustadas ao pé ou calquera outro que proporcione suxeición e que se poida introducir na auga. Recomendable levar crema solar. Debido á situación sanitaria derivada do Covid-19 ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos dispositivos unha app de lectura de códigos.
Prazas dispoñibles: 15
O seguinte roteiro terá lugar o 22 de agosto e será o do Pozo da Onza, no Valadouro. Sae dende a praza de Ferreira onde os asistentes coñecerán a historia desta vila. Na ruta cara o Pozo da Onza farán un tramo a carón do río, onde descubrirán as características das árbores típicas de ribeira. Logo de abandonar o cauce do río adentraranse nuns montes compostos de especies arbóreas de uso forestal. Seguirán o cauce doutro río, O Rego dos Infernos, que os levará ao Pozo da Onza e á cascada que recibe o mesmo nome. O tramo de regreso farase polo mesmo camiño, desviándose del por un monte mixto de especies autóctonas e introducidas, así como fauna ornitolóxica asociada a estes ecosistemas.
Esta ruta será guiada por Guido Álvarez e Pedro Rolle.
Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean Monnet, Federico II e Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo, incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).
E Pedro Rolle é Guía de Natureza. Así como técnico en traballos forestais e técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza”, que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.
Municipio: O Valadouro.
Data: 22 de agosto del 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Praza de Ferreira (O Valadouro).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, xa que non se andará por zonas encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.
Prazas dispoñibles: 25.
O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se traballa dende hai anos na Mancomunidade, coa realización de roteiros e actividades nos diferentes municipios.
Os prezos dos roteiros son: 5 euros individual / 8 euros parella / 12 euros familiar ou grupo ata 5 membros.
A Mariña en Ruta é unha iniciativa da Mancomunidade que se realiza coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, da Deputación de Lugo.
Para máis información:
https://enruta.amarinalucense.gal/





















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



