Viveiro, 21 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que a empresa que ostenta a titularidade do Supermercado Gadis Hiper, na Avenida Ramón Canosa, ten presentado ante Portos de Galicia a solicitude de autorización para a execución das obras necesarias para a reparación íntegra do seu aparcadoiro, estando á espera do outorgamento de dita autorización para proceder á súa inmediata execución.
O goberno municipal valora positivamente esta noticia e entende que deste xeito se dá cumprimento aos escritos que o Concello de Viveiro remitiu nos últimos meses tanto a Portos de Galicia como ao grupo empresarial referido, nos que se daba conta da situación na que se atopa este espazo (con gran cantidade de fochancas que, ademais dunha cuestión estética, supoñen un risco para vehículos e viandantes), requirindo o seu arranxo íntegro ao tratarse dun espazo céntrico, moi concorrido, no que hai gran afluencia de clientes e que debe atoparse en boas condicións.
Grazas as xestións realizadas e tras a execución das obras previstas, este espazo disporá dun mellor acceso para os veciños e veciñas.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



