Viveiro, 29 de agosto de 2020. No pleno celebrado o 4 de agosto de 2020 aprobouse de maneira provisional a Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos cos votos a favor dos concelleiros do grupo municipal do PSOE e coa abstención dos demais concelleiros da corporación.
Con esta ordenanza, elaborada pola Técnica de Medio Ambiente, preténdese protexer o medio ambiente e a calidade de vida dos cidadáns, defendendo o dereito de todos e todas a desfrutar dun medio ambiente adecuado pero, tamén, o deber que todos temos de conservalo.
Tomando como referencia as ordenanzas aprobadas noutros municipios, nesta ordenanza regúlanse cuestións como a limpeza pública froito do uso común xeral dos cidadáns, as distintas actividades susceptibles de ensuciar as vías públicas, a limpeza de terreos, espazos e inmobles de propiedade privada ou a recollida de todo tipo de residuos. Trátase dun texto completo co que se pretende poñer solución a moitos dos problemas que veñen sufrindo os veciños e veciñas de Viveiro. Con respecto á alimentación na vía pública a animais sen dono coñecido, estanse buscando alternativas atendendo á protección os animais.
Tras a súa aprobación provisional, a ordenanza atópase no período de información pública; o anuncio correspondente foi publicado no BOP de Lugo o 19 de agosto, concedéndose un prazo de trinta días hábiles para a presentación de reclamacións ou suxerencias.
O borrador desta ordenanza foi remitido os voceiros dos grupos municipais en novembro de 2019, polo que non se entende que o Partido Popular expoña a súa discrepancia con este documento agora, dez meses despois e unha vez que foi sometido ao pleno, e non fixera ni unha soa proposta nas reunións ou comisións celebradas ata esta data. Da a sensación de que o obxectivo do grupo popular non é facer aportacións proactivas para mellorar conxuntamente esta Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos, senón poñer paos nas rodas da gobernanza de Viveiro.
Tampouco é entendible que o PP se abstivera durante a votación deste texto no pleno correspondente e que agora pretenda invalidar o documento. Se os populares consideran que o documento desta ordenanza ao completo non é válido, debían ter usado no pleno un mecanismo tan lexítimo como calquera outro, qué é votar en contra. Por iso, desde o goberno local consideramos que a actitude do Partido Popular está a ser ilóxica, irresponsable e enfocada en que esta ordenanza non saía adiante.
En todo caso, neste momento, atopámonos no trámite de exposición pública e calquera persoa interesada pode presentar, no prazo establecido, as reclamacións ou suxerencias que se consideren oportunas. Para iso está a exposición ao público, para que todos os veciños e veciñas opinen e o Concello poida escoitar e recoller, de ser o caso, as súas propostas.
Por outra banda, dende o goberno municipal quérese deixar claro o seu profundo respecto aos acordos adoptados nas sesións plenarias. As mocións, que son compromisos políticos, vanse tramitando segundo é posible. Dende o inicio deste mandato pasou un ano do que levamos cinco meses sufrindo unha pandemia; neste tempo algunhas mocións sacáronse adiante e hai outras que non se poden tramitar de forma inmediata porque requiren dun tempo.
Quérese lembrar que neste mandato estamos facendo máis comisións informativas que nunca (aínda que nalgúns casos os asuntos tardan en saír a adiante por prevalecer o interese político dalgún e dalgunha), máis plenos dos que corresponde por lei, nas mesas de contratación están todos os voceiros e estanse a compartir todos os expedientes nos que se tramitan asuntos de importancia. Durante os primeiros meses do estado de alarma, os voceiros foron convocados semalmente para ofrecerlles información das xestións realizadas e da evolución da situación. Cremos, en definitiva, que hai total transparencia e que os concelleiros poden facer un seguimento dos asuntos que queiran.
Fronte a isto atopámonos coa ansia do PP por desprestixiar ao equipo de goberno, que o levou a denunciar a falta de limpeza dun cruceiro nunha zona privada, debendo dicir que os dous concelleiros que realizaron estas críticas se dirixiron á alcaldesa para pedir desculpas. Igual que a concelleira do BNG que, dende o minuto un nesta corporación, se propuxo desprestixiar á alcaldesa e ao equipo de goberno, cunha actitude moi pouco humilde na que moitas veces parece que en vez de consensuar quere impoñer.
Non é verdade que as mocións non se tramiten e, exemplo disto, son as xestións realizadas polo concello coa AXI para instalar un paso de peóns en Cantarrana, onde tamén se van a poñer aparcamentos en batería para saír de fronte.
Estanse tramitando os acordos, outra cousa é que non se queira ver asumir a realidade. Tamén hai que ter en conta que hai mocións, como a presentada polo PP, na que se pretende que se pida a Portos de Galicia a cesión do muelle no estado no que se atopa, causando graves prexuízos ao Concello ao ter que asumir o custe das obras que ese espazo precisa.
Cómpre aclarar tamén que dende o departamento de Secretaría se remiten directamente as mocións nas que se adoptan acordos instando a outras administracións ou entidades e que as mocións nas que se aproban compromisos para facer algo (convocar comisións, etc) se tramitan segundo vai sendo posible, atendendo á vida municipal e sen deixar de atender o día a día da actuación obrigatoria administrativa, dándolle sempre prioridade á prestación dos servizos públicos á cidadanía, que é a finalidade da administración pública.
En definitiva, este equipo de goberno cumple sempre que é posible os acordos que se poidan acadar na parte declarativa dos plenos con mocións da oposición, pero dándolle sempre prioridade á prestación de servizos aos veciños e veciñas de Viveiro que é a finalidade das competencias municipais.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



