Viveiro, 12 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro tomou esta mañá a decisión de non otorgar a cesión das instalacións municipais para a celebración do Resurrection Fest, co único obxectivo de preservar a seguridade e saúde da veciñanza.
O Concello de Viveiro apoia desde a súa fundación este festival de música e traballará desde mañá mesmo para poder celebrar a edición de 2021 nas mellores condicións posibles, pero nesta ocasión, e tendo e conta a situación actual da crise do coronavirus e a opinión maioritaria dos veciños e veciñas, decidiu non autorizar a cesión do espazo para a súa celebración.
O festival presentou a finais de xullo o novo formato reducido do festival, e aínda que nun primeiro momento o concello considerou acertadas as medidas de seguridade a aplicar dentro do recinto, despois de darlle moitas voltas, tal e como require a situacion actual, tendo en conta os riscos que poderían darse no exterior do recinto e ante a evolución da situación sanitaria decidiu non outorgar a autorización, aínda en tramitación xa que se solicitou o luns, día 10 de agosto.
O grupo de goberno explica que o problema non sería dentro do recinto, cun aforo limitado a 800 persoas e todos os protocolos activados, pero si no exterior, nas rúas e nos espazos públicos de Viveiro durante os dez días nos que estaba previsto celebrar o festival, nos que non sería posible garantir a seguridade.
“É unha decisión complicada e difícil, tomada despois dunha análise pormenorizada e tendo en conta numerosas cuestións, pero para o concello o primeiro é a seguridade da veciñanza, vimos de ter un gromo na comarca da Mariña e a situación non é sinxela en toda Galicia, como lemos cada día nos medios de comunicación”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
O concello reitera que lamenta a decisión, pero insiste en que a día de hoxe é a mellor solución por motivos sanitarios.
Ademáis de non dar autorización para a cesión das instalacións ao Resurrection Fest, o concello manterá o control e o respecto das normas e recomendacións por parte da cidadanía e os establecementos comerciais e de hostalería, facendo un chamamento á responsabilidade de todos.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



