A min chámancheme Antonio. Así te presentabas ante o teu público. Sempre con esa facilidade verbal, con esa sinxeleza e sabedoría que che daba a experiencia de tantas veladas improvisando versos, armado co teu chapeu e co teu eterno sorriso. Eu nacín en Louzarela; lugar perdido e agachado entre montañas, baixo a ollada, como dicía Novoneyra, dos tesos cumes do Courel e dos Ancares. Louzarela, aldea gala, bastión galaico da resistencia da nosa tradición oral, sempre será recordada grazas a ti, o “Brindeiro Maior da Serra”, o “Brindador da dentro”. Cuando era eu chiquitín; si, daquela foi cando aprendiches o oficio de brindar, con apenas 10 anos, do que non te separarías ata o derradeiro día. Era outra época. Guerra Civil. A morte dos teus pais. Tempos duros dos que había que saír coa testa alta e facendo comunidade da mellor maneira.
Uns brindaban desde fóra e outros desde a ventana; aquelas vodas montañesas eran parte da vida courelá e ancaresa, unha especie de rito onde se producía algo máxico: reclamo de participación, críticas asumidas, alivio das tensións, divertimento e éxtase comunitario. Esto non o fai calquera; non era un traballo fácil: saír da casa ataviado para a voda sen estar convidado, percorrer pistas e corredoiras para chegar ao lugar da celebración. Vinte ou trinta quilómetros. Chegar, cantarlle aos noivos, aos padriños e a toda a comitiva da voda. Divertir a xente, ser respectuoso cos teus rivais e botar horas improvisando coplas ata a madrugada ou ata o día seguinte.
Apréndolles a brindar; así lle dixeches a Carlos Núñez no disco del en que participaches. Non foi no único: tamén naquela “Rapsodia de aires populares” de honra aos daquela príncipes do Estado. Que orgulloso quedaches desa. Ou cando fuches a Suíza: Centro Galego, Laussane, tratamento de xeneral. Foron moitas e moi boas. Non as esqueceremos. Ai! estate calado ho; así lle dicías a Calviño de Tallo naquela disputa entre regueifa e brindo no 1º Certame de Regueifas disputado en Vigo e na Coruña. Xuntanza irrepetible entre as dúas tradicións. Sei que non che gustou. Retorcías os fociños cando cho recordaba. Pero foi histórico. Aquelas batallas verbais con Antonio de Xornes, Guillermo da Rabadeira, O Atrevido de Grixoa e co gran Calviño de Tallo quedarán gravadas na memoria das persoas que as presenciaron en directo e na de todas as que tivemos ocasión de escoitar as gravacións. Brindo e regueifa, auga e aceite. O ying e o yang do repente galaico. Marabilla oral improvisada. Nadie me parou os pés; nin uns nin outros puideron contigo. Nin a vella nin a nova xeración. Hai quen di que os regueifeiros de Bergantiños che deron unha boa malleira aquelas dúas xornadas hai vinte e cinco anos. Non foi así. Soubeches contestar, á túa maneira. Máis suave, máis doce, máis nobre. Oralidade sublimada ao extremo. Versificador supremo.
Xa pasou a primavera; aló foi a primavera do brindo. Os paxaros brindadores xa non cantan nas vodas, o seu rechouchío en coplas redondas non se escoita desde hai moito tempo. As flores das brindeiras e das loístas xa murcharon onde vai. Pero ti fuches a prórroga. Ese tempo a maiores co que ninguén conta. Grazas ao cura Don Xesús ou ao gaiteiro Foxo, trasladaches esta arte dende os teus días ata os nosos. Sobrevivente, deixáchesnos o teu legado e o da túa xeración. Loh voun dar a despedida; como despedirse cando non saen as palabras? Nunca saberemos agradecerche todo o que nos aprendiches. Marchaches sen facer ruído e despedíndote dos teus e das túas. Como se do teu derradeiro brindo se tratase, fuches xenio e figura ata a fin. Grazas, mestre. Estrañarémoste. Botarémoste moito en falta. Boa viaxe e que a terra che sexa leve, Antonio Río Montero, O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro:
Eu pensein que estaba solo
Pero estoun acompanado
Doulle-las gracias a todos
Pola atencion que han prestado
Antonio Río Montero, O Ribeira de Louzarela (Louzarela, 1987)


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



