Lourenzá, 10 de agosto de 2020. O equipo de goberno do Concello de Lourenzá acusa ao portavoz municipal do Partido Popular de mentir descaradamente coa información que deu sobre o último pleno da corporación local.
O goberno municipal considera que “o señor Rodríguez Barrera segue a mesma forma de facer política da súa antecesora, manipulando ou falseando os datos, algo que xa deberon aprender da ultradereita deste país. É certo que no ano 2019 non se cumpriu a regra de gasto, pero non debe ser algo tan grave cando nos gobernos populares era unha práctica habitual”.
O equipo de goberno engade que “falan os populares de despilfarro e para xustificalo dan uns datos totalmente falseados. Din que o orzamento para a Festa da Faba era de 56.000 euros e que se gastaron 85.800 euros. Pero a realidade é que o orzamento foi de 25.000 euros e se gastaron 30.900 euros. Cos datos manipulados dos populares organizou o equipo de goberno todas as edicións do seu mandato. Ten o PP unha teima especial contra a Festa da Faba, á que sempre intenta desprestixiar, cando debera ser algo do que sentirnos orgullosos os laurentinos e o éxito das últimas edicións debera ser un éxito de todos”.
Ademais os gobernantes locais de Lourenzá explican: “din os populares que houbo unha deficitaria xestión no Servizo de Axuda no Fogar, pero ocultan o que se lles explicou tanto no Pleno como na Comisión de Facenda, que no ano 2019 se deu a circunstancia extraordinaria de producírense ata 6 baixas das traballadoras nun curto espazo de tempo e que houbo que botar man da empresa privada contratada nos tempos de goberno dos populares. Non explican que se tomaron as medidas oportunas por parte do goberno municipal, contratando 3 traballadoras máis. O feito real é que nos seis primeiros meses deste ano se aforraron preto de 40.000 euros en comparación co mesmo período do ano anterior. Tamén falan os populares do gasto excesivo en limpeza de estradas e camiños municipais, onde se contou tamén cun servizo privado. Neste punto o concelleiro de Obras explicoulle ao voceiro popular que isto non ocorrería se nos tempos de bonanza o goberno popular aproveitara para deixar un parque de maquinaria en condicións en vez de malgastar o diñeiro público en restauración de locais aos que despois non se lle deu ningún uso de proveito. Tamén se podería ten mellor maquinaria se non fora polos pufos herdados do goberno anterior (Tovar, edificio da Avda. de Mondoñedo, etcétera)”.
“O que debera facer o voceiro popular é arrimar o ombreiro e presionar aos seus colegas da Xunta de Galicia para que teñan a ben conceder algunha subvención das que solicita o seu Concello. Un exemplo recente son os importantes investimentos que fixo a Consellería de Educación nos colexios e institutos da Mariña, sendo ridícula a achega feita ao de Lourenzá, onde se vai reparar só a instalación eléctrica. Hai pouco se lle remitiu á Consellería un acordo do Pleno onde se lle instaba á reforma integral do centro, sendo o máis importante a carpintería exterior e a cuberta da escaleira de entrada”, manifesta o equipo de goberno, que remata comentando que “queda claro que o Sr. Rodríguez Barrera falta á verdade e manipula descaradamente os datos por ignorancia ou por mala fe. Queremos pensar que se trata do primeiro e pedímoslle que no futuro preste máis atención ás explicacións dadas desde os órganos de goberno”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.