Viveiro, 3 de agosto, 2020. O GALP A Mariña Ortegal xunto con outros catro GALP galegos (GALP Golfo Ártabro Norte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Golfo Ártabro Sur) promove un proxecto de cooperación centrado na capacitación de mozos e mozas, a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, coa que se lles facilitarán ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar.
A iniciativa que está na súa fase de arranque, promoción e captación, percorreu xa os concellos do territorio e as confrarías de pescadores do mesmo, entidades coas que se pretende aumentar a difusión do proxecto e acadar esa captación de participantes, achegándolles a información e resolvendo as dúbidas que lles poidan xurdir.
Solicitude de información a persoas interesadas
Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email info@relevo2020.org e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición que xa está habilitado.
As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Viveiro e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.
Rolda de prensa
A fin de contribuír aínda máis a esa promoción e achegar o proxecto á cidadanía en xeral, o GALP A Mariña Ortegal vai realizar unha rolda de prensa segundo se indica:
_Data: martes día 4 de agosto
_Hora: ás 12h
_Lugar: Barco-Museo Bonitero “Reina del Carmen”. Explanada portuaria. Puerto pesquero s/n – 27880 – Burela
Intervirán:
– Alfredo LLano García, Alcalde de Burela e Vicepresidente do GALP.
– Basilio Otero Rodríguez, vogal da Xunta directiva do GALP A Mariña Ortegal, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela, Presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) e Presidente da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo.
– María Calvo, Oceanógrafa e Coordinadora do proxecto por parte da entidade adxudicataria Arenaria Coordinación, S.L.U.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



