Lugo, 31 de xullo de 2020. A Secretaria Provincial de Lugo, Patricia Otero dixo hoxe que “todos temos traballar dende a unidade, da corresponsabilidade e remando todos xuntos na mesma dirección. E ao mesmo tempo temos que ser capaces de poñer en marcha un proxecto recoñecible para a maioría dos cidadáns”, así o dixo na súa comparecencia, para analizar o resultado electoral, diante do Comité Extraordinario Provincial celebrado hoxe en Lugo, ao asistiu o Secretario Xeral, Gonzalo Cabellero. “Temos que comezar unha nova etapa, propóñome corrixir os problemas que puideron xurdir para ter máis eficacia, e implementar a coordinación interna”.
Otero, diante dos militantes, alcaldes, deputados e concelleiros, remarcou na súa intervención que o PsdeG “ten que facer unha análise honesta e veraz do que pasou o pasado 12 de xullo. Queda patente que perdemos apoio polo tanto foron unhos malos resultados”, expuxo.
A secretaria provincial referiuse ademais a situación que se viviu na Mariña de Lugo con dous temas de actualidade, Alcoa e o rebrote do COVID, que marcaron a axenda política ao longo destas datas electorais. “Na Mariña o PP e o BNG foron capaces de instrumentalizar cun discurso irresponsable a confrontación coa crise de Alcoa., acompañada dos discursos tramposos do PP de Feijóo, e que todavía intentarán pescar en río revolto. E no que se refire a xestión do coronavirus, a Xunta tivo un discurso contraditorio, tal e como denunciaron os nosos Alcaldes e Alcaldesas. O PP esixe agora unanimidade, cando non era capaz de xestionar só esta crise”, insistiu.
Así as cousas Otero advertiu que “estes dous problemas deben converterse na primeira responsabilidade e nunha prioridade para todos os socialistas lucenses. Polo tanto, esta será a primeira iniciativa que presentarei no Parlamento de Galicia, un plan económico para a Mariña Lucense”. A secretaria provincial tamén dixo que dende o PsdeG “temos que reverter a situación e marcar a estratexia que nos faga manter a iniciativa política no Parlamento”.
Implicación dos Alcaldes e Alcaldesas
Patricia Otero agradeceu o traballo e a implicación dos Alcaldes e Alcaldesas. “Hai que reforzar o traballo conxunto das nosas alcaldías e dos nosos gobernos municipais, debemos de traballar para preservalos e incorporalos ao traballo político do dia a dia”.
Por útimo agradeceu as intervencións contructivas que xurdiron neste Comité. “Agora empezamos ese novo futuro, traballando xuntos, cun partido forte e unido” resumiu.
Gonzalo Caballero chamou á reflexión
Pola súa banda Gonzalo Caballero chamou á “reflexión” sobre os resultados electorais do pasado 12 de xullo, nun contexto dun nivel de abstención “histórico”, do 51%, e apelou á “unidade para traballar xuntos para fortalecer o partido e construír o futuro”.
“Das derrotas apréndese para chegar ás vitorias”, destacou, ao tempo que agradeceu “o apoio da militancia” e amosouse “con forza para traballar por unha vitoria socialista no ano 2024”.


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



