Foz, 13 de agosto de 2020. O alumeado da rúa Concello de Sarria, da vila focense, foi mellorado con fondos consignados a través dos remanentes das adxudicacións do Plan Único 2019 da Deputación de Lugo. Este feito foi destacado polo alcalde, Fran Cajoto, quen explicou que “é a primeira vez que se fan obras en Foz co remanente do Plan Único. A xestión seria e responsable permite usar recursos dos que descoñecemos que acontecía con anterioridade”.
O rexedor municipal engadiu que “a rúa Concello de Sarrria é unha das arterias principais de Foz e dá acceso a unha zona moi poboada como é a Urbanización As Lagoas, coñecida como As Torres de Foz. O alumeado público que tiña era moi deficiente, composto por lámpadas de sodio de 150 vatios cun elevado consumo enerxético e pouca luminosidade. A obra consistiu na instalación de 11 luminarias con tecnoloxía led de 80 vatios de potencia e na colocación dun novo punto de luz a maiores, o que redunda nunha mellora da iluminación da rúa e nun importante aforro enerxético”.
Fran Cajoto engade que “esta actuación súmase á mellora do alumeado da rúa Eduardo Pondal. A finalidade destras obras é, pouco a pouco e en función dos orzamentos dispoñibles, ir renovando o alumeado público en todo o pobo, de forma que consigamos unha maior eficiencia e unha maior calidade visual nas nosas rúas”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



