O Vicedo, 13 de agosto, 2020. A Asociación Nordés organiza para os días 20, 21 e 22 de agosto a X edición das “Xornadas Memoria dun Tempo”, versión Covid.19, que ven a ser plantexada e levada adiante despois dun proceso de debate sobre a realización ou suspensión deste encontro anual coa memoria histórica no Ortegal e A Mariña.
Unha vez decidida a súa continuidade, hai que dicir que o formato pode variar segundo a evolución da pandemia, estando suxeito ás disposicións das autoridades en materia de reunións e actos e, por suposto, tendo en conta en todo momento as recomendacións sanitarias para evitar contaxios.
Deste xeito, as conferencias previstas para o xoves 20 e venres 21, que serán transmitidas polo facebook de Nordesfaladora, terán aforo limitado a 28 persoas coa obriga de levar posto tapabocas e atender a disposición de postos, polo que será preciso reservar ben poñendo mensaxe ao enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com, ou chamando ao número 628566900. As prazas libres cubriranse por orde de chegada.
Para esta edición contaremos coa participación ás 19:30 do xoves 20 de Emilio Grandio, Profesor Titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, e Eliseo Fernández, historiador ferrolán e grande coñecedor da historia do anarquismo na Galicia, quenes farán unha exposición que leva por título “Democracia e violencia na II República”, relacionada coas súas derraderias investigacións e publicacións.
O venres 21, pero ás 20:00 hras, tomará o relevo o Francisco Leira Castiñeira, doutor en Historia pola Unversidade de Santiago de Compostela, e premio Miguel Artola, coa tese: La socialización de los soldados del ejército sublevado (1936-1945), quen nos achegará co seu relatorio “Víctimas do recrutamento forzoso do exército sublevado” ao que foi unha realidade nas nosas bisbarras e en toda Galicia: a incorporación obrigada ao exército golpista de milleiros de homes nunha disxuntiva na que a vida e a morte non se tiña por segura fose cal fose a elección.
Dicir que baixo reserva poderase mercar o libro de Francisco Leira “Soldados de Franco. reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar”, quen asinará exemplares ese mesmo día.
Para rematar, o sábado 22 ás terá lugar a tradicional homenaxe a republicanos e libertarios na ponte vella de O Barqueiro, acto aberto no que todo o mundo pode participar dando a súa testemuña, lendo poemas, cantando cancións, ou simplemente facendo acto de presencia. Agardámosvos.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



