Ribadeo, 31 de agosto de 2020. O coordinador de deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, demanda unha maior conservación e mellor coidado das instalacións públicas municipais. Sinala o popular, neste caso, “o mal estado no que se atopa a pista polideportiva e a área recreativa de Rinlo” que no primeiro caso se atopa sucia e esvaradía e, no segundo, sen rozar, chea de maleza que impide o seu uso e que, incluso, chega a tapar completamente o seu mobiliario. Isto “amosa a mala xestión do goberno local”; así coma “a malísima política de conservación de recursos do Concello”, di.
O popular recorda que estas instalacións foron construídas cos impostos de tódolos ribadenses e “merecen ser conservadas e coidadas para que estean en óptimas condicións para o seu uso”.
Dende o Grupo Municipal do PP instan ao goberno do BNG a que empregue máis recursos para conservar tanto estas instalacións de Rinlo coma outras de todo o termo municipal que tamén se atopan en situación de “total abandono”.
Parques infantís
“Esta é outra mostra máis do total abandono por parte do goberno local ás instalacións municipais de uso público” que se engade, por exemplo, á falta de mantemento dos parques infantís que criticaba, fai poucos días, a vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra. O estado do parque infantil do Xardín ou o da rúa Pintor Fierros constitúen “un risco para os seus usuarios”.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



