Mondoñedo, 19 de setembro de 2020. A Asociación de Produtores de Verdina de Galicia, con sede en Mondoñedo, vén de acadar oficialmente a marca que garante a orixe dos produtores aos consumidores: Faba Verdina de Galicia. Trátase, segundo indica o goberno local, dunha nova “moi satisfactoria”. E é que, dende a entidade local, “estamos e sempre estivemos a disposición de proxectos como este que valorizan os nosos recursos e o noso territorio”, afirman.
A marca Faba Verdina de Galicia foi solicitada por dita Asociación a mediados do ano pasado. Tras un procedemento longo no tempo, finalmente superou sen dificultade todas as obxeccions presentadas, e acaba de ser concedida, a través dunha resolución que é definitiva en vía administrativa.
A concesión deste distintivo supón a culminación dun proceso iniciado con ilusión polos integrantes da Asociación, e tamén o punto de partida dun proxecto de producción certificada de gran importancia para o sector e para as zonas de producción desta leguminosa que ten categoría gourmet e que na comarca da Mariña lucense acada os mais altos estándares de calidade.
“Temos un bo produto”
Con orgullo, expresa Alfonso Cartoy, integrante da Asociación, que “non só é un éxito para nós, senón tamén para a zona”. “Temos un bo produto e non temos que envexar a produtores doutras rexións na forma en que o facemos”, indica. Proba delo é que entre o 50 e o 60% da produción do noroeste de España, que se acaba vendendo a través doutras verdinas, procede da Mariña luguesa.
A Asociación de Produtores de Verdina de Galicia está composta por tres produtores da zona que estiman recoller nesta campaña, que remata en outubro, unhas 20 toneladas deste produto. Teñen unha produción doutras vinte hectáreas, que agardan ampliar o vindeiro ano. Asemade, tamén amosan a súa disposición a seguir integrando máis socios, co fin de “seguir facendo grande o noso produto e a nosa marca”, conclúe Cartoy.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



