Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2020. A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), levará a cabo senllos cursos sobre a prevención de ataques de lobo á gandaría nos concellos lucenses de Vilalba e Monforte de Lemos. O primeiro será unha xornada que se impartirá o 24 de setembro na Oficina Agraria Comarcal (OAC) vilalbesa, mentres no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte a acción prolongarase tres días, en concreto, do 28 ao 30 de setembro.
Así, os asistentes ao curso da OAC de Vilalba recibirán formación nun único día, en horario de mañá e tarde. Para comezar, coñecerán a bioloxía e ecoloxía do lobo ibérico, a situación do lobo en Galicia e o seu impacto sobre a cabana gandeira, así como os métodos de prevención dos ataques tendo en consideración o manexo de mastíns como ferramenta de protección. Xa pola tarde, visitarán unha ou dúas explotacións da zona para analizar in situ que medidas se poden adoptar en cada caso.
Canto ao curso de tres días do CFEA de Monforte, a primeira xornada dedicarase aos contidos teóricos básicos e a segunda a realizar unha análise estratéxica das explotacións para deseñar plans de prevención personalizados, ao tempo que se avaliará como se trata a prevención dos ataques do lobo noutros países ou rexións. A visita de campo, a tres ou catro explotacións da zona neste caso, terá lugar o terceiro día.
Estes cursos están integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.
Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.


















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



