Lugo, 18 de setembro de 2020.- A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e a concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, asinaron un convenio para financiar as obras de acondicionamento da Casa do Viejo Pancho, ubicado no casco histórico ribadense.
No edificio, casa natal do poeta ribadense José Alonso Trelles, emigrado a Uruguai, habilitaranse e póranse en valor espazos pensados para preservar os fondos bibliográficos doados polo dramaturgo Daniel Cortezón, para o desenvolvemento de diversas actividades culturais, e como sala de exposicións onde se albergarán as figuras orixinais dos cabezudos.
Pilar Otero sinalou que “o acondicionamento do edificio supón que tanto a área de Cultura como os distintos colectivos socioculturais conten cun espazo adecuado para desenvolver a súa actividade en condicións dignas”. “Ademais, o feito de habilitar un espazo como sala de exposicións de seguro axudará a dinamizar o uso deste lugar en particular e da área do centro histórico en xeral”, engadiu a concelleira quen agradeceu a colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Maite Ferreiro explicou que “a implicación neste proxecto responde a aposta que facemos desde a área de Cultura para dinamizar a actividade cultural e mellorar as condicións en que as asociacións de base desenvolven o seu labor. Neste caso, trátase ademais dun edificio que, ademais do seu valor funcional, ten un valor patrimonial xa que forma parte do casco histórico”
A área de Cultura da Deputación de Lugo achega 20.000 euros á reforma do edificio.





















Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



