Viveiro, 18 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro vén de asinar un convenio de subvención nominativa coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, por importe de 15.000 euros, co obxectivo de colaborar con este entidade, que vén prestando asistencia aos usuarios co fin de mellorar a súa calidade de vida, prestando, así mesmo, apoio aos seus familiares e realizando campañas informativas e actividades destinadas a dar visibilidade a esta doenza.
Ademais, o goberno municipal está a realizar os trámites necesarios para cederlle á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer un local máis amplo que servirá para unha mellor prestación do servizo.
Tendo en conta que o 21 de setembro se celebra o Día Mundial do Alzheimer, dende o Concello de Viveiro quérese aproveitar a ocasión manifestar o noso apoio e a nosa solidariedade aos afectados.
O concello considera que o alzheimer é un problema socio-sanitario de primeira magnitude, unha enfermidade especialmente dura, triste e cruel cuxa dependencia afecta non só á ao enfermo, senón tamén á súa familia.
“Neste sentido, quero aproveitar a ocasión para agradecer publicamente á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro polo seu traballo, compromiso e dedicación, polos esforzos realizados para mellorar a calidade de vida dos viveirenses afectados por esta doenza e das súas familias, prestando asistencia psicolóxica e ofrecendo servizos e apoio e respiro familiar”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Finalmente, con motivo desta data, na noite do luns 21 ao martes 22 de setembro, a Porta de Carlos V iluminarase de cor lila como mostra de apoio e solidariedade con todos os afectados e as súas familias.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



