Como avogado sei moi ben que o indulto para as nove persoas, presas políticas, soberanistas catalás non é ningunha solución en Dereito, pois que o indulto non extingue a responsabilidade criminal nin pode suprimir as penas de inhabilitación para cargos e funcións públicas (agás acordo, hoxendía impensábel, do Tribunal Supremo que condenou inxustamente estas persoas) nin as indemnizacións por responsabilidade civil. O indulto supón agardar a graza do Goberno do estado. Velaí porque considere lóxico que non o pidan nin as persoas condenadas nin as organizacións políticas e sociais ás que pertencen.
Porén, vai para tres anos que estas persoas cumpren condenas (entre 9 e 13 anos de cárcere) inxustas e desaqueladas, mentres Urdangarín saiu por menos de seis anos e o Emérito vive na impunidade nos Emiratos Árabes Unidos. O Tribunal Superior do Land alemán de Schleswig-Hollstein amosou a incompatibilidade do tipo penal da sedición (polo que foron condenados os patriotas cataláns) co Dereito Penal da Europa democrática e o xuiz competente de Bruxelas rexeitou a euroorde que reclamaba a extradición do conceller Lluis Puig por ser incompetente o Tribumnal Supremo español para pedila. Porque non haberíamos esquecer que o Tribunal ordinario predeterminado pola lei para os presos políticos cataláns era o Tribunal Superior de Catalunya, que emitiría una sentenza recorríbel perante o Tribunal Supremo español. A atribución a éste da competencia para xulgalos vulnerou o seu dereito a unha segunda instancia xudicial, en aberta contradición coa Convención Europea de Dereitos Fundamentas.
Para máis, o Tribunal Supremo, como Tribunal emitente da sentenza, ten revogado o réxime penitencial dos presos polítcos, quer en segundo grao ao abeiro do artigo 100.2 do Regulamento Penitencial, quer no terceiro grao. Deste xeito o Tribunal Supremo ten desartellado o réxime competencial e de recursos en prexuizo das Xuntas de Tratamento das Administracións penitenciais, dos Xulgados de Vixiancia Penitenciaria e das Audiencias, nunha nidia manifestación de recentralización competencial e inxusto agravamento das condicións de vida dos presos políticos que axiña se vai extender á meirande parte das persoas presas, agás para aqueles que o Deep State sinale como dos seus.
Velaí que sexa preciso esixir do Goberno do Estado e dos dous partidos da esquerda estatal que o alicerzan un indulto urxente que poña na rúa ás nove persoas presas políticas inxustamente retidas nos cárceres cataláns, sen prexuizo de que estas persoas, as sdúas familias e amizades, as súas organizacións políticas e sociais, a cidadanía catalá e as xentes de ben do resto do Estado e da Europa democrática sigan a pular até a derradeira instancia xudicial polo nidio recoñecemento da súa inocencia.
Se o Goberno do Estado adia ou rexeita esta decisión, PSOE e UP amosarán ser máis do mesmo: pertencer á lóxica represiva do Deep State, pertencer ao perímetro do problema e non da solución.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



