O confinamento producido pola pandemia xerou a exclusión de millóns en todo o Estado e a UE, nomeadamente persoas que vivían de ingresos informais, persoas empregadas de fogar non protexidas e contratados temporais e eventuais, adoito a medio de ETT e empresas de externalización de servizos. O Goberno do Estado non reaccionou axiña, pois que dixo precisar tempo para deseñar un instrumento de integración social potente de xeito que “ninguén ficase atrás”. Velaí que até o 1 de xuño non se aprobara a normativa do Ingreso Mínimo Vital (IMV). Normativa xa bastante demorada, mais aínda a tempo de contribuir parcialmente a resolver o problema do grave incremento da exclusión social (xa de seu moi importante antes da pandemia). O Goberno do Estado tiña detectadas 75.000 persoas sen ingresos, titulares de prestación con fillo a cargo, que axiña lles foi concedida esta prestación en troques da que viñan percebindo. Calculaban que, para máis, existirían entre 700.000 e 1.000.000 de novos beneficiarios. Coa fin de agosto había máis de 700.000 solicitudes adicionais, si, mais só 4,000 foran aceptadas.
Velaí que o Goberno Sánchez deseñara mal este instrumento, esterilizándoo por mor de complexos requisitos condicionais, algúns sen sentido ningún, como os que: i) vetan ás persoas que percebisen no 2019 ingresos superiores á paga por prestacións de xubilación e incapacidade non contributivas, cando non se están a resolver os problemas do 2019, senón os problemas xerados pola pandemia do 2019 e ii) vetan ás unidades familiares nas que un só dos seus membros desenvolvese funcións de administración de sociedades mercantís, cando moitas persoas non poden cesar neses cargos pola falla dos recursos precisos para a liquidación de empresas que moitas veces levan sen actividade real catro, sete ou dez anos.
Para máis a xestión do IMV foi unha catástrofe. Porque o Goberno do Estado, por razóns recentralizadoras puramente ideolóxicas, non quixo cogobernar coas autonomías e concellos, que son as únicas que teñen medios para desenvolver esta tarefa. O Ministerio de Seguridade Social ficou cono un elemento extraño e fracasou o aparello administrativo estatal, ao lle sobardar cun traballo que só se podería desenvolver a xeito polas autonomías e concellos.
Alén deste fracaso xestor por mor de decisións recentralizadoras, cómpre sinalar que agravou todas estas circunstancias a falla de capacidade das Administracións Públicas (AA.PP.) todas para dixitalizar as súas actuacións,. O problema é que estamos a mallar en cidadanía que sofre a fenda dixital pola súa pobreza e exclusión, usando a tecnoloxía como murol no canto de axuda.
Son, pois, fracasos gravísimos de concepción e xestión que están a mover ducias de milleiros de cidadáns dun lugar cara outro con papeis que conteñen información que xa posúe o Goberno do Estado. E isto todo para nada.
Cómpre, logo, unha inmediata reforma normativa que implemente unha Renda Social Básica temporal-despois definitiva- sen requisitos agravados de condicionalidade. Porque a xente ten que lle dar de comer aos seus fillos todos os días e pagar a lus e o teléfono móbil todos os meses. E porque estes recursos, ademáis de humanizar a vida, benefician inmediatamente ao comercio e hostalería locais


















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



