Hai agora 87 anos, o 18 de setembro de 1933, Galicia foi recoñecida como nación polo IX Congreso de Nacións sen Estado e Minorías Nacionais da Liga das Nacións (SDN), precedente da ONU. Foi fulcral a intervención de Plácido Castro, secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista (PG) e o apoio das entidades políticas e sociais catalás e vascas que xa partillaban, dende os primeiros anos 20 do século XX, neste Grupo de Traballo da SDN. Este organismo da SDN tendía nomeadamente a recoñecer o dereito ao autogoberno, á plena igualdade de dereitos civís e políticos e á xusta representación política destas nacións sen Estado e minorías nacionais, definindo amplos acordos que fixeran posíbel a convivencia plurinacional en varios Estados europeos.
Hai poucos días, o xoves 17-S, o avogado Gonzalo Boyé apelou á consideración de Catalunya como minoría nacional para alicerzar o seu recurso de casación perante o Tribunal Supremo contra a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) que condenou ao seu cliente, o president Torra a unha pena de inhabilitación para o seu cargo por non ter cumprido o mandato da Xunta Electoral Central (XEC) de tirar da fachada do Pazo da Generalitat unha lazada amarela, expresión de solidariedade cos presos políticos soberanistas cataláns, nos días da campaña das eleccións estatais de abril de 2019.
A apelación ao concepto de minoría nacional é bastante novidosa a respecto da tradición dos nacionalismos catalán, vasco e galego, sempre defensores dun concepto de nación (respectando a pluralidade interna) con dereito á súa libre determinación, consonte co Dereito Internacional (artigo 1 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos), a doutrina da ONU e da SDN. Mais é moi eficiente en termos do Dereito Internacional e do Dereito da Unión Europea, nomeadamente no eido dos dereitos fundamentais. O artigo 2 do Tratado da Unión Europea alicerza ésta no respecto dos dereitos das persoas, mais tamén nos das minorías.
No caso de Catalunya o seu president foi condenado por incumprir unha orde arbitraria da Administración electoral, pois que a lazada amarela non constituía ningunha violación do principio de neutralidade institucional, senón unsimple exercicio da liberdade de expresión de propostas humanitarias (a liberdade dos presos políticos). Os presos políticos sofriron un proceso cheo de irregularidades, mesmo desenvolvido por un Tribunal incompetente por razón do foro persoal dos atinxidos. Ao president Puigdemont e outros dous eurodeputados de JuntsxCat, elixidos polos votos da minoría nacional catalá, lles foi impedido temporalmente polo Estado español o acceso ao Parlamento Europeo.
A apelación aos dereitos das minorías nacionais mesmo constitúe un grande reforzo do dereito a decidir de Catalunya, do seu dereito de libre decisión. Porque, consonte coa doutrina da ONU e coa expresada pola Unión Europea no 1991 (a respecto da declaración de independencia das repúblicas bálticas), os pobos non suxeitos a colonización tamén son titulares deste dereito a decidir. E, diante dunha vulneración repetida dos dereitos fundamentais de grupos ou sectores sociais e políticos da minoría nacional, mesmo o exercicio deste dereito habería ser titoriado pola mesma UE e pola mesma ONU, dacordo coa doutrina que teñen decidido e ratificado até a data.




















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



