Ribadeo, 21 de setembro de 2020. A cooperación do grupo municipal do PP con entidades deportivas de Ribadeo frutifica en melloras para os equipos. O coordinador de deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, así o sinalou na tarde de onte. Foi no acto de “entrega das equipacións de adestramento e competición ao club de remo Ribadeo; un investimento que logramos acadar despois de facer xestións coa Xunta de Galicia”.
Suárez tamén explicou: “Aproveitamos este encontro para acordar abrir novas liñas de colaboración con este club, como estamos a facer co resto das entidades deportivas coas que tivemos contacto”. Deste xeito, o popular confirma novas xestións ante a Xunta de Galicia que beneficia o remo de Ribadeo.
Anuncia que “dende o grupo municipal seguimos investindo en Ribadeo e nas necesidades dos seus deportistas”.


























No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
