A Coruña, a 19 de setembro de 2020. “O Partido é a estrutura de apoio que apuntala o noso proxecto político que se ofrece a colaborar na reconstrución económica nun momento complexo”. Así o afirmou a presidenta provincial, Elena Candia, na Xunta Directiva que o PPdeG celebrou esta mañá en A Coruñae clausurada por Alberto Núñez Feijóo.
A este respecto, a máxima dirixente dos populares lucenses indicou que “debemos seguir motivándonos cos resultados. O 12 xullo fíxose historia e hoxe temos un novo goberno para seguir traballando para xestionar esta crise sanitaria e económica. Temos que xestionar este éxito con intelixencia para o futuro””, afirmou.
Neste senso, fixo un chamamento para “centrar o noso esforzo en dar solucións aos problemas dos veciños, a construír solucións e axudar ao Goberno a acadalas dende o Partido”.
Agradecementos
Elena Candia tivo palabras de lembranza para as persoas e sectores que seguen sofrindo as consecuencias da pandemia. Neste senso, quixo facer unha especial mención ao traballo de alcaldes e voceiros que “están a xestionala con responsabilidade” porque “incluso nesta etapa tiveron que loitar para non verse privados dos recursos que pertencen aos veciños”, apuntou en relación ás políticas do Executivo central sobre a regra de gasto.
A presidenta trasladoulles así o seu apoio e enviou unha mensaxe de ánimo aos rexedores de O Incio e de Outeiro de Rei; dous dos municipios máis prexudicados polo virus nas últimas semanas.
“Un gran Partido”
Para rematar, Candia destacou que “somos un gran Partido, absolutamente unido”. “O Partido é esa gran familia que defende o que facemos e que entende que é o mellor. Lugo está á disposición do Goberno e de toda a Galicia porque, sen lugar a dúbidas, estamos nunha época económica e sanitaria que é a peor que nos tocou vivir dende que naceu a Constitución”. A este respecto, puxo en valor os novos nomeamentos. É o caso do delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias Fouz, sen esquecerse, dixo, “do esforzo e gran traballo” do seu precedesor no cargo, José Manuel Balseiro Orol.



















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



