Lugo, 18 de setembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, asinou este venres, na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, co director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, un convenio de colaboración entre as dúas entidades. A renovación do acordo permite, segundo destacou o mandatario provincial, que os veciños e veciñas dos 64 concellos da provincia que están adheridos ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación poidan pagar recibos e taxas a través da rede de servizos bancarios e oficinas da entidade bancaria.
O Presidente destacou que a Deputación trata de mellorar permanentemente o Servizo de Recadación para ofrecer unha mellorar atención á cidadanía. Neste senso, explicou que a información dos recibos é agora máis clara porque a cidadanía identifica dunha maneira sinxela a que administración lle paga os seus impostos, dado que a Deputación se ocupa da parte burocrática e pasa o cobro os recibos segundo o padrón que lles trasladan os concellos, pero son as entidades locais as que reciben os ingresos.
“Este convenio xurde do convencemento de que as entidades privadas e as administracións públicas temos que colaborar, dende os nosos respectivos ámbitos, para facilitarlle a vida á cidadanía. Isto, que é unha obriga sempre, resulta aínda máis necesario nestes últimos meses, nos que as medidas de loita contra a pandemia impuxeron cambios e restricións no ritmo da nosa vida diaria”, subliñou o Presidente.
“Pagar impostos, contribuír entre todos e todas ó sustento do que é de todos, é unha característica das democracias. Porque dese pago que facemos xorden os fondos para soster os servizos públicos que precisamos. Convén que o lembremos tamén nos momentos de situación económica complicada, e penso que este convenio, ó facilitar e simplificar o proceso, axúdanos a ter presente a súa importancia”, sinalou o Presidente.
Pola súa banda, o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, trasladou a satisfacción da entidade financeira “por poder axudar aos veciños con estes trámites, facilitando a súa xestión de xeito sinxelo, flexible e cómodo, ao poñer á súa disposición todas as nosas capacidades comerciais e canles dixitais para que poidan cumprir coas súas obrigas tributarias locais en calquera momento e desde calquera lugar”. “A renovación deste acordo é un exemplo máis do compromiso de ABANCA coa provincia de Lugo e da estreita liña de colaboración que mantemos coa Deputación Provincial, con distintas iniciativas conxuntas en marcha, entre as que destaca o Plan Reactivación Lugo”.
ABANCA colaborará a través da súa rede de sucursais, caixeiros automáticos, banca electrónica e móbil ou outros canles na recadación dos impostos dos concellos da provincia que teñen delegado esta tramitación na institución provincial. O convenio presta especial atención, non só á comodidade e a facilidade para o usuario, senón tamén cara a súa seguridade dixital, para garantir que os seus datos son tratados coa confidencialidade e a profesionalidade axeitada.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



