Burela, 18 de setembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da firma noruega que está interesada en instalar unha planta de produción de salmón na zona do Berbés. Ocupará 25.000 metros cadrados, o investimento situarase entre os 36 e os 40 millóns de euros, producirá 3 millóns de quilos de salmón ao ano e creará arredor de 60 ou 70 postos de traballo. O obxectivo é que bote a andar o vindeiro verán. O rexedor considera que se trata dun proxecto interesante e subliña que o Concello dará todas as facilidades posibles para a súa instalación en Burela. A firma atópase traballando nas tramitacións administrativas.
Alfredo Llano contou que “tivemos unha reunión con responsables da factoría de cría de salmón que amosa un interese enorme en instalarse aquí en Burela. Estivemos falando das características técnicas. É unha factoría que vai facer un investimento entre 36 e 40 millóns de euros, a capacidade de produción que vai ter será de 3 millóns de quilos ao ano e serán salmóns comercializados cun peso de entre cinco e seis quilos. Vai ocupar unha superficie total duns 25.000 metros cadrados e instalarase no polígono industrial do Berbés, no porto de Burela”.
O alcalde explicou que “pretende iniciar a súa andaina en xullo do ano 2021. Están traballando nos trámites a través dos organismos competentes diante da Xunta de Galicia, de Portos de Galicia, de Augas de Galicia e de Costas para ir apurando e vendo a mellor maneira de poder instalar esa factoría”.
Llano subliñou que “é un proxecto interesante e no Concello facilitaremos todo o que sexa bo para Burela. Estivemos falando da necesidade de auga e de enerxía porque isto move moitos aspectos. Van contar ademais con empresas da zona para complementar certa distribución e algunha parte do tratamento do salmón. Pretenden crear entre 60 e 70 postos de traballo, que non está nada mal, agora mesmo é un motivo de optimismo”.
O rexedor engadiu que “elixiron Burela porque viron que era un concello bo para esta industria e están moi interesados. Nosoutros, desde o Concello, facilitaremos ao máximo posible tanto a esta empresa como a calquera outra para que haxa actividade social e económica”.
Axudas polo covid-19
O alcalde burelés confirmou que “rematado, onte ás dez da noite, o prazo de petición de axudas para autónomos e comerciantes que se viron afectados polos peches ocasionados polo Covid-19, andamos nas 120 axudas solicitadas. Agora trataremos de resolvelas o antes posible e dar esas axudas tamén o antes posible. Temos que facer os trámites para comprobar as peticións que se formulan, pero espero que todo o mundo poida acadar aquilo para o que o solicitou”.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



