Viveiro, 21 de setembro, 2020. O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 22 de setembro o seguiente:
Mocións:
Moción para a revitalización do parque Pernas Peón na que se propón elaborar un proxecto de recuperación ambiental e paisaxística, crear un circuito en terra batida e estudar a posibilidade da creación dun skate park no mesmo.
Poñer a disposición da Xunta edificios municipais para baixar a ratio de alumnado nas aulas de Viveiro como son todas as antigas escolas unitarias existentes nas parroquias, o Centro Comarcal ou en especial o Edificio do antigo CEIP de Galdo.
Moción conxunta con toda a oposición para que o goberno de María Loureiro respecte os acordos da oposición aprobados nas sesións plenarias.
Rogos e preguntas:
Rogamos concluir coas dúas ordenanzas que levan en elaboración sen nengún tipo progreso nas mesmas dende hai meses, como son a Ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica e a Ordenanza de Acceso ao Casco de Viveiro.
Solicitamos a reposición e instalación de máis papeleiras nas rúas de Viveiro, onde a ausencia destos pequenos contenedores de lixo é clara en todo o Concello.
Insistirémoslle ao Concello que respecte a Lei de normalización lingüística con exemplos claros onde non se está a cumplir.
Exixiremos seriedade e profesionalidade coas gravacións plenarias pois os videos son inintelixíbeis de forma que é incapaz seguir o debate.
Hai un ano desde que solicitamos aplicar a Lei de Memoria Histórica no Barrio do Chao en Celeiro, mais aínda seguen alí os recoñecementos públicos hacia o falanxista Pedrosa Latas. Polo que rogamos de novo retirar toda homenaxe fascista do Chao en aplicación a Lei.
Instaremos ao Goberno Local a que desenvolva unha campaña informativa sobre o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, un visor da delimitación da rede de faixas de xestión da biomasa forestal e a vías de colaboración coa veciñanza de axudas para a limpeza e retirada das especies prohibidas.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



