Foz, 8 de setembro de 2020. Ante as declaracións do voceiro local do Partido Popular o alcalde, Fran Cajoto, afea unhas manifestacións que “reprocho desde o punto de vista político, pola falta de rigor e honestidade, pero que me escandalizan como técnico”.
O rexedor municipal explica: “estase a opinar de forma torticeira sobre unhas obras moi necesarias, xa que con estes traballos as pontes acadaron unha altura de 5 m desde a estrada N-642, o que permite que transportes de maiores dimensións circulen pola Nacional, redundando na mellora da economía da zona, e que se eviten accidentes como os pasados. As afirmacións do voceiro do PP son totalmente erróneas e inexactas; gustaríame saber se falou con algún técnico do Ministerio -cousa que dubido moito vistas as declaracións- e desde logo no Concello non se molestou en preguntar. As obras están a ser executadas pola Demarcación de Carreteras del Estado, pertencente ao Ministerio de Movilidad, e o Concello de Foz realizou diversas xestións: durante as obras e o corte da variante de Foz, o tráfico pesado desviouse polas estradas Cangas-Ferreira e Ferreira-Foz, evitando pasar polo centro do casco urbano; vanse arranxar as barandas das pontes e colocar sinalización a instancias do Concello na ponte de Forxán; aceleráronse os traballos e a posta en servizo das pontes por petición do Concello a instancia dos veciños: abriuse Forxán e esta semana permitirase a circulación en Mañente a pesar de que as obras non están terminadas en ningún dos pasos”.
Fran Cajoto engade: “somos sabedores de que a ponte de Forxán ten unhas condicións difíciles para circular desde a súa posta en servizo alá polo ano 2000, pero non vimos ningunha xestión do voceiro do Partido Popular ao respecto durante os seus 8 anos de goberno. Desde o Concello si nos preocupamos de poñernos en contacto en distintas ocasións coa Demarcación de Carreteras en Lugo. Froito deses correos electrónicos e esas conversas a rampla incrementarase soamente dun 12,24% a un 12,69% pese a elevarse a ponte 25 centímetros. Ademais a obra non está acabada e a pendente prolóngase e suavízase co aglomerado en quente definitivo. Aínda que non é o resultado que nos gustaría, as condicións previas da ponte fan moi complicado unha solución óptima”.
O alcalde manifesta ademais: “indígname que, unha vez practicamente terminados os traballos, o voceiro do PP pretenda falsear a realidade e embarrar o traballo deste equipo de goberno. Preocúpanme tamén as opinións sen fundamento que verte, xa que un representante público debe informarse e falar con rigor. En opinión dos técnicos do Ministerio resulta moito máis difícil rebaixar e modificar a rasante dunha estrada nacional, afectando non só ao firme senón tamén á plataforma durante varios centos de metros para axustala á norma de trazado: máis custo e máis prazo de execución, provocando ademais o peche da estrada durante un tempo prolongado”.
Cajoto remata lembrando que “esta falta de rigor e seriedade do voceiro do PP veuse en actuacións anteriores, como dispoñer as dúas rúas principais de Foz -Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro- no mesmo sentido de circulación ou denunciar en prensa o desbroce dun camiño municipal aseverando que era de titularidade da Deputación de Lugo”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



