Lugo, 29 de setembro de 2020. O grupo provincial do BNG logrou a unamidade do Pleno provincial para solicitar a intervención de Alcoa San Cibrao. A formación nacionalista sacou adiante unha moción na que se solicita que “as administracións do Estado e galega aposten pola intervención pública para a nacionalización da planta de aluminio, de forma que se garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo”.
O voceiro provincial, Efrén Castro, que comezou a súa defensa da moción cunha mensaxe de “ánimo e forza ás traballadoras e traballadores que seguen manifestándose e loitando polo seu futuro e polo da comarca da Mariña e do país”, expuxo os argumentos do BNG para defender a intervención pública como a única alternativa para manter os postos de traballo e a actividade industrial na factoría de San Cibrao.
“Valerianos a venda a Liberty e a mediación da Sepi, calquera que salve os empregos. Pero Alcoa leva moito tempo dando mostras de que non quere a venda. Quere irse e quere facelo sen dar entrada nese mercado á competencia. Alcoa pensa na súa conta de resultados. Asi funciona o neoliberalismo. E ante esa situación, non queda outra saída que a intervención e o Estado e a Xunta teñen os mecanismos para facelo”, expuxo o voceiro nacionalista.
“Están moi ben as boas vontades, todos detrás da mesma pancarta, pero estamos no momento en que os que teñen as competencias teñen que decidir. Vamos deixar que Alcoa se ría dos traballadores e de todas as galegas e galegos ou imos exercer as competencias que teñen o Estado e a Xunta de Galicia e intervir a planta? Iso é o que está enriba da mesa”, urxiu.
Tras confirmarse os votos a favor da moción de socialistas e populares, Efrén Castro agradeceu o apoio “para saír do Pleno cun acordo para salvar os postos de traballo e o futuro industrial da Mariña” malia a diversidade dos posicionamentos ideolóxicos, e insistiu na necesidade de que o acordo “non quede só en palabras” e se corresponda coas decisións dos gobernos do Estado e da Xunta.
Ademais da intervención pública, a moción reclama que “o Estado aprobe un Estatuto do Consumidor Electrointensivo, que garanta un prezo estable, predecible e asumible”, a “creación dunha tarifa eléctrica galega, que permita abaratar o custo da electricidade tanto para as empresas como para os particulares”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



