Ribadeo, 17 de setembro de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, asegura que o Concello realiza tarefas de desinfección periódica en rúas e beirarrúas da vila e tamén nas parroquias, tal e como ocorreu esta semana pasada. Estes traballos enmárcanse na loita do covid-19. Ademais o edil ribadense subliña que os contedores do lixo son lavados varias veces ao ano. Neste 2020 houbo un lavado extra durante o estado de alarma, outro agora no verán e xa está previsto outro máis para outubro.
O edil ribadense dixo que “levamos facendo a desinfección xa desde que estivemos confinados. Agora mesmo faise cada certo tempo. De feito esta semana actuouse tanto nas rúas como nas beirarrúas durante dous días seguidos. Nalgunha parroquia estanse desinfectando tanto os contedores como cabinas escolares, etc…”.
O concelleiro de Medio Ambiente responde ás críticas do PP: “quería dar esa información visto que a solicitan, que saiban que aquí estamos a traballar seguido contra esta crise sanitaria que nos está a tocar e que nos afecta a todo. Facer política con certas cousas penso que non é o debido. Creo que se está a desvirtuar todo o que é o importante, penso que aquí temos que ir todos a unha e non andar a zoupar por zoupar e sen sentido. Pero que cada un faga o papel que cre que ten que facer, sen máis”.
Jorge Díaz Freije engadiu que “se fixo un lavado extra dos contedores para o covid, antes de acabar o estado de alarma, e puntualmente se están a facer distintas desinfeccións e lavados. En canto a iso creo que estamos suficientemente cubertos. Pero imos seguir, non quere dicir que con isto paremos. Xa está programado outro lavado máis intenso para o mes que ven e así seguiremos co programa anual de lavado de contedores”.


















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



