Burela, 4 de setembro de 2020. O Concello de Burela poñerá a plena disposición dos usuarios a partires do martes, 8 de setembro de 2020, o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos prestado por URBASER así como o punto móbil, a través do cal se vai facilitar o depósito separado de certas fraccións de residuos que non poden ser eliminados co resto dos domésticos, como aceites minerais, aerosois, baterías, pilas, cartuchos de tinta de impresoras, pinturas, disolventes, plásticos e PVC, radiografías, RAEE’s, medicamentos, entre outros.
Os concelleiros de Servizos e Obras e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, explican que “o servizo de punto limpo móbil prestarase de forma itinerante todos os martes e venres nas seguintes zonas do termo municipal: (i) Rúa do Vilar (1º martes de cada mes); (ii) Rúa do Barridal (2º martes de cada mes); (iii) Rúa da Casilla (3º martes de cada mes); (iv) O Cantiño (4º martes de cada mes); (v) Rúa Vilaestrofe (2º venres de cada mes); e (vi) Praza do Concello (os restantes venres do mes, e o 5º martes de cada mes que teña cinco semanas). Sen prexuízo do anterior, á vista da evolución que vaia tendo a prestación do devandito servizo, así como das necesidades das persoas usuarias, o Concello de Burela valorará a posibilidade de modificar as zonas e a periodicidade do mesmo”.
Eijo indicou que “tamén é preciso por de manifesto que actualmente, desde o Servizo de Medio Ambiente estase a facer un seguimento e control exhaustivo do depósito incontrolado e ilegal de enseres, mobles e voluminosos domésticos nas vías públicas do municipio, e todo ilo aos efectos de valorar as eventuais actuacións a realizar polo Concello de Burela para evitar tan grave e danosa acción tanto para o medio ambiente, como para a seguridade e a integridade das persoas”. E engadiu que “sen prexuízo das eventuais conclusións que se vaian acadar con estas actuacións de control por parte do referido servizo e das sancións que podan ser impostas ás persoas responsables de tan incívica e irresponsable conduta, debe recordarse que a recollida de enseres, mobles e voluminosos domésticos por parte da empresa adxudicataria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos, ten lugar de luns a venres das 8 ás 11:15 horas da mañá, debendo as persoas interesadas en recibir dito servizo de forma adecuada e legal, chamar ao número de teléfono 626 763 142, con anterioridade a que estes sexan depositados na vía pública”.
Ramiro Fernández e Toñi Eijo lembraron que “os comercios e empresas do sector detallista e outras actividades do sector servizos (hostalaría e restauración, entidades financeiras, etc.), teñen á súa disposición o servizo de recollida do papel-cartón xerado nos mesmos, que é prestado de luns a sábado, podendo informarse sobre o seu funcionamento ou manifestar calquera incidencia ao respecto da súa prestación no devandito número de teléfono 626 763 142”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



