Mondoñedo, a 5 de setembro de 2020.- O Concello de Mondoñedo presentou esta mañá xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediático de orquestras como París de Noia ou Fania Blanco Show, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes extraordinarios”.
A programación cultural dará comezo coincidindo coas datas das suspendidas festas dos Remedios, e incluirán unha xincana musical polas rúas do casco histórico de Mondoñedo, organizada dende a Escola Municipal de Música de Mondoñedo, así como a Festa da Bicicleta, dende a Praza da Catedral e ata a Alameda dos Remedios, prevista para o sábado 12 de setembro.
Para o día seguinte, día da patroa, ademais da celebración da misa de ofrenda na que se habilitará unha pantalla e butacas con distancia social para poder seguir o acto relixioso, tamén haberá a actuación do Grupo local Zafiro e xa pola tarde, a actuación da banda de música de Mondoñedo “Pascual Veiga” e o monólogo de David Perdomo no Auditorio Municipal ( entradas en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/monologos/auditorio-pascual-veiga/11241–monologo-de-david-perdomo.html )
Voces da Paula
O ciclo musical “Sons da Paula”, que se desenvolverá todos os sábados, terá como colofón a celebración da gala musical “Voces da Paula” na que participarán cantantes profesionais e amaters de Mondoñedo. Será o sábado 17 de outubro, na Alameda dos Remedios.
A programación complétase coa celebración das XIII Xornadas do Peregrino, organizadas pola Asociación “Abrindo Camiño”, que terá lugar o venres, 2 de outubro, e o sábado 19 de setembro, “A Noite Romántica”, un evento simultáneo na rede de “Los Pueblos Más Bonitos de España”, día no que tamén se representará unha obra de teatro co título “Tal vez soñar” de Hilo Producciones, unha actividade patrocinada polo Xacobeo 2021.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



