Viveiro, 5 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro da reapertura da Piscina Municipal, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro cumprindo as medidas establecidas pola autoridades competentes e cun estrito protocolo para a prevención da COVID-19.
O seu horario será de luns a venres, de 8:00 a 22:10 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Durante o tempo no que estas instalacións permaneceron pechadas, o Concello de Viveiro aproveitou para facer labores de mantemento, atendendo, ademais, ás necesidades específicas que estas instalacións requiren polo feito de levar un longo período de tempo pechadas, o que motivou, entre outras cuestións, que fose necesario proceder ao baleirado da auga da piscina.
Neste sentido, cabe destacar que se reparou e se pintaron os vasos de compensación da piscina; reparouse todo o forxado dos vasos da piscina; reparouse o sistema de filtración dos vasos e cambiouse a area de todos os filtros de depuración; rexuntáronse a totalidade dos azulexos do vaso principal, jacuzzi e chapoteo; rexuntouse a zona de praia, e repasouse o rexuntado dos vestiarios e das duchas.
Pintáronse os pasillos, o hall, os vestiarios e o ximnasio, ademais reparouse a fachada norte da piscina e tamén se pintou; reparouse a máquina deshumetadora da piscina e tamén se revisaron e repararon os sistemas de aire acondicionado e de filtración de aire; e reparouse a cuberta da piscina municipal que estaba levantada dende o último temporal o pasado inverno.
Polo que atinxe ao persoal municipal adscrito á mesma, cómpre sinalar que este concello reubicou noutros postos de traballo a parte do persoal adscrito á mesma que polas súas características resultaba posible; deste xeito, os socorristas da piscina estiveron traballando nas praias e o persoal administrativo, na casa do concello.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
