Ribadeo, 18 de setembro de 2020. O Concello de Ribadeo sacou a licitación o arranxo de varios camiños de Covelas, Ove, A Devesa, Arante, Cedofeita e Couxela. O investimento ascenderá a preto de 164.000 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de outubro.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “nestes tempos de incerteza nos que nos toca vivir, os Concellos debemos seguir exercendo as nosas responsabilidades, quizais agora con menos recursos polo que tardamos máis en facer as cousas que se espera que fagamos. Isto é bo dicilo para que ninguén se leve a engano, pero tamén é bo explicar o que se fai precisamente nestes momentos complexos”.
O rexedor dixo que “un dos aspectos importantes nos que estamos agora mesmo é na licitación para a mellora de diferentes viais municipais, tanto da vila como das parroquias. Precisamente onte sacamos a licitación o arranxo de varios camiños en varias parroquias do concello, tanto do interior como da costa”.
Suárez Barcia explicou que “estamos licitando a pavimentación con aglomerado asfáltico en Vilela, na parroquia de Covelas; un acceso principal ao núcleo de Ove; na Rochela e máis en Cinxe, que son na parroquia da Devesa; tamén nas Anzas, na parroquia de Covelas; en Queixoiro, na parroquia de Cedofeita; e máis en Igrexa, na parroquia de Couxela. Ademais deste aglomerado asfáltico, afirmaremos varios camiños con zahorra en varias pistas de Remourelle, que é da parroquia de Arante”.
O alcalde sinalou que “todos estes camiños supoñen máis de cinco quilómetros de lonxitude, por un montante de licitación total de 163.800 euros, que se van sufragar a través da Deputación de Lugo e máis de fondos do Concello de Ribadeo procedentes do Plan Único”.
Fernando Suárez engadiu: “dicirlles a todos os posibles licitadores e empresas cualificadas para facer estes traballos que o prazo para presentar ofertas será de vinte días, rematando o vindeiro 8 de outubro, e os licitadores poderán acceder a todo isto a través da Plataforma de Contratos do Estado e tamén da páxina web do Concello”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



