Ribadeo, 30 de setembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que co obxectivo de dar liquidez aos clubs deportivos locais estes días o Concello está a realizar anticipos das subvencións nominativas establecidas nos orzamentos municipais. O rexedor explica que se está a abonar ata o 80% desas subvencións cando son solicitadas polos clubs. Da partida de 46.000 euros destinada para o deporte xa foron abonados 25.000 euros.
Fernando Suárez declarou que “con esta situación complexa para todo o mundo e tamén para o asociacionismo deportivo local, que é unha situación grave, desde o Concello de Ribadeo, no que estea na nosa man para favorecerlles a liquidez, o que plantexamos para este ano e para os sucesivos é a posibilidade de poder dar anticipos das subvencións nominativas que temos establecidas nos orzamentos municipais”.
O alcalde dixo que “para este ano a partida de subvencións nominativas en deporte son uns 46.000 euros e nestes días estamos pagando ata o 80%, cando os clubs nolo solicitan. De aí que xa anticipáramos 25.000 euros con cargo a estas subvencións nominativas para o Ribadeo FC, para o Cubelas Fútbol Sala, para o rugby, para o atletismo e para a SD Ribadeo”.
Suárez Barcia adiantou que “ao marxe disto, todas aquelas outras subvencións de concorrencia competitiva para este ano, no que ten que ver con actividades deportivas e eventos, que ascende a unha bolsa de 6.000 euros, nos próximos días abrirase o prazo para que se poidan solicitar, porque queremos dar liquidez para estes momentos complicados para o mundo do asociacionismo deportivo”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
