Esta convocatoria realízase en virtude do acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 12 de novembro de 2019, a partir dunha moción presentada polo concelleiro de Son Viveiro. A intención é crear unha mesa de traballo composta polos responsables das compañías de electricidade e telefonía, o persoal técnico municipal e as e os portavoces dos diferentes grupos políticos, para a elaboración do citado plan do soterramento.
