Viveiro, 29 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa da publicación no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Viveiro do listado elaborado pola Comisión de Valoración, previo á elaboración da proposta de acordo de resolución, con respecto ás solicitudes presentadas para a Liña de axudas a autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais, cofinanciadas co Plan Único 2020 da Deputación de Lugo e froito dun acordo entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro.
Este listado inclúe unha relación coas 188 solicitudes completas que cumpren os requisitos establecidos nas bases.
Inclúe tamén outra relación coas 77 solicitudes que non cumpren os requisitos establecidos nas bases, indicando o motivo da exclusión. Ás solicitudes referidas neste punto que non cumpren cos requisitos establecidos nas bases outórgaselles o prazo de dez días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiros de edictos dixital.
Finalmente, inclúe unha relación coas 98 solicitudes que non achegaron a totalidade da documentación requirida no punto 9 das bases, con indicación da documentación requirida. Ás solicitudes referidas neste punto que non achegaron a documentación requirida outorgaraselles o prazo de dez días hábiles para que subsanen a súa solicitude e presenten a documentación requirida. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiro de edictos dixital.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



