Mondoñedo, 6 de setembro de 2020. O goberno local presenta a segunda fase do plan Mondoñedo, Municipio para Investir para completar as actuacións desenvoltas no período 2015-2020 de cara á dinamización da economía do municipio e á mellora das condicións de vida dos veciños. “Esta seguirá sendo a nosa senda de traballo”, manifestan.
Coa finalidade de reverter as dinámicas de decrecemento e envellecemento demográfico, o plan de dinamización socioeconómica municipal establece obxectivos en torno a seis eixos estratéxicos: poboación; territorio e infraestruturas; patrimonio, cultura e turismo; economía; servizos e covid-19. Así, amparándose nas fortalezas e oportunidades do municipio e dos seus recursos, o goberno local mindoniense porá énfase no desenvolvemento de actividades económicas de iniciativa local vencelladas ás tendencias actuais e tamén daquelas que cubran unha necesidade da zona. O Concello de Mondoñedo ten intención de seguir posicionándose como sede de proxectos tractores do plan de dinamización da Xunta de Galicia.
Por outra banda, o goberno local demanda á entidade que xestiona o polígono de Mondoñedo e que depende do Goberno do Estado, Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), o abaratamento do solo industrial para facer do polígono mindoniense un espazo competitivo para o asentamento de empresas.
Programas de dinamización da actividade económica en Mondoñedo
As actuacións previstas polo goberno municipal no eido económico continúan a liña da potenciación e a creación de valor engadido nos produtos de horta e gandería a través da promoción de servizos ou do emprendemento innovador nestes ámbitos. Así mesmo, este plan contempla o deseño dun programa para a posta en marcha de proxectos no sector forestal, medidas para seguir incentivando a comercialización a través da tecnoloxía e a dinamización das relacións institucionais cos departamentos que traballan na captación de inversións. Tamén con ese mesmo obxectivo, avanzan dende o goberno local un programa de “embaixadores de Mondoñedo” ou da comarca, un programa de misións con países con emigración mindoniense, a posta en marcha dunha plataforma de dinamización da inversión público-privada e o desenvolvemento dunha estratexia de comunicación cara a grandes corporacións galegas, nacionais ou internacionais que operen nos sectores estratéxicos para Mondoñedo.
O programa específico para a dinamización da actividade económica en Mondoñedo analiza a posibilidade de reformular o programa de incentivos cara a un formato de acompañamento; así coma a posibilidade de crear unha liña de apoio específica para explorar sinerxías cos principais núcleos de emprendemento de Galicia. Igualmente, promoverá as actividades relacionadas coas TIC, a biotecnoloxía, os servizos e a loxística. Tamén recolle a creación dun “programa de relevo xeracional” e outro para a mellora da conectividade loxística de Mondoñedo; o desenvolvemento dunha campaña de comunicación entre os principais Clusters empresariais de interese para o municipio e aposta en marcha dun plan de dinamización colaborativa con entidades de referencia locais e do entorno para a posta en marcha de iniciativas sinérxicas.
En materia de servizos, esta segunda fase do plan Mondoñedo, Municipio para Investir contempla a creación dunha oficina de dinamización socioeconómica que dirixa a execución do plan de actuación, estender as redes de conexión a Internet de alta capacidade, facer un estudo das grandes corporacións e dos grandes patrimonios de Galicia e propoñer o desenvolvemento de programas que encaixen coa súa filosofía de actuación e que contribúan a mellorar a oferta de servizos á cidadanía; así coma aumentar a oferta de servizos, dotacións e actividades en xeral para atraer á poboación activa.
Poboación, patrimonio, cultura e turismo
Esta segunda fase do plan recolle a posta en marcha do Programa Grandes Empresas de cara ao incentivo do teletraballo en Mondoñedo, así coma o desenvolvemento dun programa de ocio en Mondoñedo de cara á dinamización dunha oferta de ocio de fin de semana para todo o ano.
Igualmente, en materia de territorio e infraestruturas aposta pola dinamización do parque de vivenda e inmobles baleiros, en liña coas propostas feitas na convocatoria Rexurbe, a través dun programa de recuperación, rehabilitación e mellora do casco histórico. Segundo recolle o plan Mondoñedo, Municipio para Investir, o Concello traballará na promoción de novas modalidades de aluguer, na exploración de nichos de mercado para a vivenda baleira de Mondoñedo, no incentivo da recuperación de inmobles deteriorados; da mellora de habitabilidade, accesibilidade, eficiencia enerxética e confort das vivendas e do acondicionamento de baixos comerciais; así coma na xestión dun parque mínimo de vivendas para o apoio a persoas en situación de emerxencia. Así mesmo, promoverase a rehabilitación e posterior promoción turística de inmobles con valor histórico e patrimonial.
O Concello de Mondoñedo aposta por potenciar o liderado do patrimonio e da cultura como activos diferenciais sobre os que apoiar o desenvolvemento da actividade turística. Así, promoverá o establecemento de actividades económicas de carácter cultural ou relacionadas co turismo e coa naturez. Seguirá tamén potenciando o posicionamento de Mondoñedo como “fin de etapa” do Camiño de Santiago e desenvolvemento o plan de marketing/posicionamento en internet de Mondoñedo como destino turístico. Estas medidas completaranse con outras como a implantación de solucións de sinalización interpretativa de baixo custo e o establecemento de distintos contactos institucionais en materia de turismo.
Atendendo aos recursos naturais do municipio, este plan de dinamización recolle a súa potenciación co obxectivo de captar colectivos vencellados a un turismo activo – espeleoloxía, sendeirismo, BTT…-. Así mesmo, o Concello agarda poñer en marcha un programa de hibridación sinérxica entre actividades vencelladas ao tecido socioeconómico e natural de Mondoñedo.
Así mesmo, o plan que presenta o Concello de Mondoñedo avanza un programa de guías turísticos locais, a promoción do establecemento en locais e edificacións rehabilitadas de empresas relacionadas co turismo de natureza e con actividades culturais; así coma a promoción activa de actividades culturais con Universidades e outras institucións.
Medidas de continxencia da Covid-19
O plan de dinamización socioeconómica municipal recolle medidas de continxencia da Covid-19 coma a creación dunha “Comisión Municipal Especial de Seguimento do COVID-19” para recoller propostas de reactivación económica, estudar medidas e axudas e facer un seguimento da situación epidemiolóxica e das pautas marcadas polo Goberno central e a Xunta de Galicia.
Así mesmo, o Concello pretende poñer en marcha unha campaña de detección e monitoreo de COVID-19, desenvolver un plan de reforzo do sistema social para protexer á poboación máis vulnerable ante posibles rebrotes; así coma un servizo ou grupo de apoio psicolóxico ou organizar os labores de voluntariado.
Igualmente, a través deste plan, o Concello avanza un programa de apoio operativo de emerxencia ao comercio, ao sector primario e Horeca; ademais da revisión das contas e do calendario fiscal do Concello, coa posibilidade de flexibilizar prazos para o pago de tributos, ampliar o catálogo de bonificacións e axudas ante posibles rebrotes e novas situacións de confinamento. Tamén apoiará ao taxi como servizo público.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



