Foz, a 7 de setembro de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, e alertados polos veciños, advirte da perigosidade da ponte de Forxán. Nas obras realizadas polo Goberno central na N-642 quedaron elevadas tres destas infraestruturas, o que constitúe un alto risco para os usuarios. “É razoable que haxa que elevar por razóns técnicas pero o que é inaceptable e que queden en mal estado e non en perfectas condicións porque, ademais, dan acceso a parroquias importante, o Concello nin se molestou en asegurar que quedase ben”, afirma o voceiro popular, Javier Castiñeira.
“Logo dun ano de molestias, con accesos cortados e limitados con conos, e 600.000 euros de inversión, o estado no que se atopan é inaceptable. O exemplo claro é a ponte de Forxán. Esta xa non estaba ben. Xa quedara mal cando se fixo a variante, habendo moitas reclamacións naquel momento por parte dos veciños da localidade. Era dificilmente empeorable, pero quedou moito peor”, expón Castiñeira.
Concretamente, eleváronse practicamente 20 centímetros, polo que queda unha pendente altísima e moito máis longa, con moi pouca visibilidade. “Todos os que sabemos o historial dese acceso, sabemos que é perigoso, incluso rexistrou algún accidente mortal”. Por este motivo, pídelle ao goberno local que, “xa que non se fixo ben o traballo e o Concello non foi capaz de controlar que quedase correctamente, que se rectifique”. “Entendemos que podería haber outras solucións moito mellores. Nalgún caso onde non era posible subir a estrada o que había que facer era rebaixar o pavimento existente”, apunta o popular.
“Forxán quedou moi mal. Francamente pensamos que non se podería empeorar o estado no que estaba. Por iso, amosamos o noso descontento e pedimos que traten de solucionalo porque pode haber accidentes graves”, conclúe Castiñeira.
Gabinete de Comunicación


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



