Viveiro, a 8 de setembro de 2020. Ante as reiteradas queixas dos veciños pola cantidade fochancas na estrada municipal de acceso ao lugar de A Lagoa, en Galdo, o grupo municipal do PP de Viveiro pide a reparación do seu firme. Os concelleiros populares aseguran que esta vía se atopa en “moi malas condicións de circulación e, en varios tramos, incluso intransitable” e, polo tanto, “xera inseguridade”; ademais de “supoñer perdas económicas para os veciños que teñen que reparar os danos que provoca nos vehículos”.
Os populares trasladan á corporación municipal a través dun rogo esta demanda dos veciños que aseguran que se teñen dirixido a membros do goberno local “sen acadar resultados positivos”; a pesar de que “esta situación se da dende fai moito tempo porque incluso algúns non recordan cando foi reparada a estrada por última vez”.
Os concelleiros do Partido Popular expoñen tamén a necesidade de “limpar e cortar a maleza que tapa totalmente as cunetas e que, nalgún caso, ata invade a calzada”. Do mesmo xeito, cren necesario marcar o lateral da vía para que “tanto as persoas coma os vehículos coñecen os seus límites e poidan circular con seguridade”. Con ese mesmo obxectivo, dende o grupo municipal popular propoñen “converter esta estrada nunha vía de dirección única” porque “é moi estreita e non caben dous vehículos en paralelo”.
Dende o grupo municipal do PP recórdanlle á alcaldesa que “a conservación e mantemento das pistas e estradas municipais é competencia do Concello” e urxen a executar estas actuacións porque “as estradas constitúen un servizo público de vital importancia para a libre circulación dos cidadáns”.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



