A Pontenova, 23 de setembro de 2020. Os socialistas reclaman no Parlamento arranxar de forma urxente os 5 Km da LU-741, no concello da Pontenova, (un vial que une este concello coa Fonsagrada, e que enlaza coa LU-P-1904), de xeito que sexa segura para tódolos usuarios e usuarias que utilizan esta vía de comunicación.
Así o avanzou a Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE e Deputada Autonómica, Patricia Otero, tras visitar co Alcalde da Pontenova, Darío Campos este trazado, e no que tamén participaron os concelleiros Francisco Martínez e Isabel Couto. “É urxente que se arranxen eses 5 Km da estrada autonómica LU-741 no termo municipal da Pontenova, porque ademais de ser perigoso para os usuarios prexudica a actividade diaria das empresas asentadas nesta zona”, remarcou.
A Deputada Autonómica sinala na proposta “que apoiar ao rural precisa de investimentos que permitan desenvolver a súa economía e que permitan tamén fixar poboación”. Por iso explica na moción que “é fundamental o arranxo dos 5 Km da LU-741, de competencia autonómica, na Pontenova e que une co concello da Fonsagrada, xa que sería un impulso importante para as empresas que radican na zona, máis necesario agora se cabe pola crise producida pola covid-19, e ademais melloraría a seguridade da estrada”.
Así as cousas advirte que “este treito presenta unha grave deterioración no firme, unha situación que empeorou nos últimos anos. Na zona hai varias empresas con moita actividade diaria, e a mala situación desta estrada, prexudica, polo tanto, a economía do concello da Pontenova”.
A Voceira de Infraestruturas do PSdeG explica que realizar os arranxos nesta estrada amosaría un compromiso real cos veciños e veciñas da Pontenova por parte do goberno de Feijóo. Nesa liña puxo en valor o “compromiso da Deputación de Lugo, que no ano 2018, fixo os arranxos necesarios na estrada LU-P-1904 que une A Pontenova coa Fonsagrada, que melloraron considerablemente as condición de seguridade nesta estrada”, resumiu.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



