Foz, 7 de setembro de 2020. As oficinas de turismo de Foz rexistraron preto de 7.500 visitantes durante os pasados meses de xuño, xullo e agosto.
O concelleiro delegado de Turismo, José María Linares, explica que “neste verán 2020, condicionado pola pandemia, pasaron pola oficina de turismo de Foz así como polo punto de atención turística da Basílica de San Martiño, instalado na casa reitoral para facer algunha consulta sobre a Mariña, rutas, aloxamentos, actividades e ocio, preto de 7.500 persoas, das cales un 40 por cen pernoitaron en Foz. A ocupación hoteleira estivo por enriba dun 25 por cen no mes de xullo e dun 80 por cen, superando o 90 por cen algúns fin de semana, no mes de agosto. Por comunidades autónomas destaca Galicia no mes de xuño e Madrid nos de xullo e agosto cun porcentaxe maior ao 40 por cen. Seguen Castela e León, País Vasco, Cataluña, Andalucía e Asturias”.
José María Linares valora estas cifras “de forma positiva, dadas as circunstancias cunha pandemia que afecta a todo o territorio nacional. Se xuño e xullo non foron especialmente bos no mes de agosto as visitas aumentaron considerablemente. A desescalada ou desconfinamento por fases e desigual por comunidades autónomas afectou significativamente a esta comarca, e a Foz concretamente, xa que a maioría dos visitantes e turistas son da comunidade autónoma madrileña, nunha fase máis atrasada da desescalada. O confinamento da Mariña a primeiros de xullo tamén supuxo un duro golpe para o turismo e polo tanto para o comercio local, hostalería e restauración. Non obstante, o turismo foi en aumento na segunda quincena de xullo e no mes de agosto. Nisto influíu a mobilidade por todo o territorio nacional e o gran esforzo de promoción e reactivación turística realizado dende o Concello, a Mancomunidade, a FCAM e ACIA Foz para dar a coñecer o xeodestino A Mariña Lucense, con campañas como Volve a encontrar o Norte, os roteiros por distintos lugares da Mariña lucense, as iniciativas Comercio na rúa ou Degusta A Mariña, que converteron a esta zona en protagonista”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



