Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020. A entidade “Suelo Empresarial del Atlántico S.L., S M.E.”, dependente nun 83% do Ministerio de Transportes e nun 15% da Xunta de Galicia, contratou os traballos de limpeza e roza dos parques empresariais da Laracha, Malpica de Bergantiños e Vimianzo, na provincia da Coruña, e de Mondoñedo, na provincia de Lugo, no marco das tarefas encamiñadas a manter de forma adecuada as parcelas industriais que xestiona.
Os traballos supuxeron un investimento total de 15.196 euros e desenvolvéronse, cumprindo os prazos establecidos, durante o mes de agosto. As empresas contratadas han desprazado a maquinaria precisa para a roza e limpeza das parcelas que non están ocupadas e encargáronse da xestión da biomasa vexetal que se xera nestas tarefas.
No mes de xullo, procedeuse á contratación da limpeza e da roza do polígono de Mondoñedo, por 1.481,85 euros. Nesta localidade, o parque empresarial conta con 70.000 m², dos que 36.581 son de superficie neta.
Coa execución destes traballos cúmprese o compromiso da xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, de impulsar os polígonos industriais, con medidas proactivas que abarcan desde o mantemento dos terreos en condicións óptimas ata a implantación de medidas administrativas que faciliten o inicio da actividade económica, “co obxectivo prioritario de impulsar e favorecer o asentamento empresarial”.
CHAN EMPRESARIAL DO ATLÁNTICO
Os 13 parques empresariais e polígonos que SEA xestiona en Galicia suman máis de 4 millóns de metros cadrados e sitúanse nas provincias de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira-. Na actualidade, máis de 100 empresas están xa instaladas nos distintos polígonos de “SEA”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



