Burela, 23 de setembro de 2020. Arredor de 140 persoas usaron o servizo de préstamo gratuíto de bicicletas eléctricas, que o Concello de Burela puxo en marcha durante a Semana Europea da Mobilidade. A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, fai un balance positivo da participación no programa de actividades.
A edil dixo que “a Semana Europea da Mobilidade de Burela desenvolveuse con normalidade, dentro da nova normalidade, e con moita participación nas actividades programadas ao longo da semana, se ben é certo que decidimos reducir a oferta por mor da pandemia que estamos a vivir”.
Toñi Eijo subliñou que “durante toda a semana tivemos como novidade un sistema de préstamo gratuíto de bicicletas eléctricas, que foi un éxito rotundo, xa que arredor de 140 persoas fixeron uso desta iniciativa, mostrando a súa total satisfacción ao respecto. Outra novidade deste ano foi o Concurso de Selfies en Instagram. Había que subir un selfie relacionado coa mobilidade e o lema deste ano Por unha mobilidade sen emisións e etiquetarnos. A participación foi moi boa e darase a coñecer @ gañad@r a través do Instagram da Delegación de Medio Ambiente. @ gañador@ elixirase por sorteo e acadará unha cea valorada en 100 euros no local de hostalería de Burela que elixa”.
A concelleira de Medio Ambiente lembrou que “o mércores 16 tivemos as charlas de Educación Vial, impartidas por persoal da DXT, cos alumnos e alumnas de 4º de Primaria dos CEIPS de Burela. Esta é unha actividade que repetimos todos os anos, xa que tanto a nós coma aos docentes parécenos de vital importancia que os rapaces e rapazas saiban desprazarse de xeito seguro polo pobo e así evitar accidentes. O venres 18 levouse a cabo o Obradoiro de Xabóns Artesanais e Medicinais, que tivo moitísima demanda, de feito quedou xente en lista de agarda. Levamos varios anos ofertando obradoiros para adultos con temática relacionada coa sostibilidade e sempre teñen moi boa acollida, por iso a nosa intención é seguir ofertando máis ao longo do ano. O sábado 19 desenvolveuse un Obradoiro de Cartón destinado ao público infantil, onde os máis peques da casa disfrutaron creando xoguetes con cartón. E o domingo 20 tivemos a Xeoruta do Monte Castelo, englobada dentro da oferta de xeorutas que facemos ao longo do verán e que ano tras ano son un éxito asegurado. De feito estamos encantados coa acollida das Xeorutas, tanto por parte da poboación local como por parte dos turistas. Ademais este día tivemos un tramo da rúa Rosalía de Castro pechada ao tráfico, dende as oito da mañá ata as oito da tarde, celebrando así o Día Sen Coches, e permitindo aos veciños e veciñas disfrutar dunha zona libre de coches”.
Eijo engadiu que “as actividades previstas cos IES os días 21 e 22 de setembro tiveron que aprazarse para máis adiante, xa que tamén se adiou o inicio das clases en Secundaria”.
A edil burelesa indicou: “queremos sinalar que esta foi a nosa 14ª participación na Semana Europea da Mobilidade, sendo un dos poucos Concellos galegos que participa programando actividades durante toda a semana, celebrando o Día Sen Coches e implantando algunha medida permanente de cara á mobilidade sostible, as tres modalidades posibles. Este ano participaron un total de 530 pobos e cidades españolas e a nivel europeo 2916 localidades. Dende o Concello de Burela temos a intención de seguir participando nos anos vindeiros, xa que consideramos de vital importancia avanzar cara novas formas de mobilidade máis sostible”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



