Lugo, a 27 de setembro de 2020. Unha ampla representación do PP lucense asistiu esta mañá en Xove á concentración en apoio da venda de Alcoa, de maneira que esta industria fundamental para A Mariña teña futuro e se manteñan os postos de traballo que xera. Entre os populares que participaron na concentración estivo a presidenta provincial do partido e deputada autonómica, Elena Candia, así como outros deputados, alcaldes e portavoces populares.
O PP destaca que estes son momentos cruciais para o futuro desta industria, e, ao mesmo tempo, da propia comarca. Os populares consideran que a forza da unión é fundamental para facer rectificar a Alcoa e propiciar a venda.
É necesario, destacan os populares, un proxecto sostible, que permita manter a industria e con ela a continuidade dos postos de traballo. Igualmente destacan que non existe xustificación que impida achegar posturas entre Alcoa e Liberty House.
Dende o PP resáltase que A Mariña demostrou unha implicación total con Alcoa e agora é o momento de que a empresa demostre a súa implicación con esta comarca.
En canto ao Goberno, os populares agardan que cumpra os seus compromisos e avance na aprobación das medidas para garantir un marco enerxético competitivo para a industria electrointensiva.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



