Será o Xoves, 1 de outubro, no Auditorio da Casa da Cultura ás 18:00h. en 1ª convocatoria e 20:00h. en segunda con esta orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior. 2. Estado de contas exercicio 2019, e aprobación se procede. 3. Actualización do censo de comuneiros. 4. Proxecto de deslinde coas comunidades de MVMC colindantes. 5. Informe sobre xestión realizadas. 6. Rogos e preguntas.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



