Foz, 20 de outubro, 2020. Estamos vivindo uns meses moi difíciles pola pandemia, pero desde a Delegación de Xuventude e Deportes, dirixida por Gema Méndez Leivas, continuamos apostando pola realización das actividades de forma segura.
Tendo en conta a experiencia do verán, na que celebramos o noso programa Aberto x vacacións, poñemos en marcha un novo curso das Escolas Deportivas Municipais, porque o deporte e o desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas son esenciais.
Depositando todos os nosos esforzos para ofertar un programa atractivo e cunhas condicións seguras, con protocolos de prevención da Covid19, remitimos a información completa e formulario de preinscrición.
A situación epidemiolóxica condiciona o desenvolvemento desta tempada (ubicacións, grupos…) pero non paramos, continuamos con máis forza.
Agradecemos a colaboración da Asociación de Veciños de Cangas por cedernos o seu pavillón para poder desenvolver unha das nosas actividades máis demandadas, así como a todas as familias por confiar en nós.
PREINSCRICIÓN: ata o 26 de outubro.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
