Lugo, 8 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Burela e presidente da Fundación Eu Son (Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual), Alfredo Llano García, asinaron este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega 2.000 euros ao colectivo para cubrir gastos de mantemento dos centros de día e ocupacional que xestiona a entidade en Burela. O colectivo ofrece atención profesional e formación diaria a máis de 30 veciños e veciñas da Mariña.
O mandatario provincial, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que con esta axuda a Deputación financia gastos imprescindibles para o funcionamento deste centro, como o servizo de limpeza, electricidade e auga.
José Tomé puxo en valor o traballo que desenvolve dende hai 23 anos a Fundación Eu Son e enmarcou a colaboración da Deputación con este colectivo no seu compromiso coas políticas públicas que favorezan a integración social e laboral, e a mellora do benestar e da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
A Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual naceu en 1997 da unión do Concello de Burela e a asociación de pais Camiña debido á carencia dun servizo que atendera profesionalmente a persoas con discapacidade intelectual na Mariña.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



