Lugo, 20 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, asinaron este martes no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega de preto de 50.000€ para levar a cabo dúas importantes actuacións para a veciñanza desta localidade da Mariña.
Por unha banda, o convenio contempla a construción dun depósito de auga contra incendios en Cadros, na parroquia de Santo Tomé. Esta é unha infraestrutura moi necesaria ao tratarse dunha zona forestal moi extensa e que ten como obxectivo a prevención e defensa contra os lumes.
Por outra banda, tamén se inclúen melloras na Casa da Xuventude para dar solución aos problemas de impermeabilización que sofre a fachada cando hai forte choivas. Estas obras son moi importantes porque “neste inmoble é onde se atopa o PAI (Punto de Atención á Infancia) da localidade, e tamén se utiliza para desenvolver obradoiros e actividades, tanto que organiza o Concello como diferentes colectivos ao longo do ano”.
José Tomé enmarcou esta colaboración coa Concello de Lourenzá no compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos e destacou a axilidade na resposta ás súas demandas. “Unha vez que os convenios teñen o visto bo da Xunta de Goberno xa fixamos unha data para asinalo coa entidade ou concello beneficiado, neste caso o Concello de Lourenzá, cun obxectivo claro: que tanto os concellos, como os colectivos da nosa provincia poidan seguir avanzando na dotación e na mellora dos servizos que prestan, nuns momentos que están a ser difíciles debido á crise sanitaria da Covid-19”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



